06 octubre 2008

Presidencia y CC.OO. se enzarzan en una polémica por el uso de las nuevas tecnologías en la Administración de Justicia

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- En relación coas declaracións verquidas hoxe por Comisións Obreiras (CCOO), a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza quere sinalar que o pulo ás novas tecnoloxías, tanto na Administración de Xustiza como noutros eidos, é unha das accións fundamentais que a Xunta está a desenvolver nesta lexislatura.
Neste sentido, a Consellería está a levar a cabo a implantación da aplicación informática MINERVA, incluída dentro do Programa de Novas Tecnoloxías de Xustiza 2008. Esta aplicación –que se abordou cunha planificación paralela de galeguización- supón a completa renovación da plataforma informática dos xulgados, dispón de esquemas de tramitación e é susceptible de ser configurada para realizar unha tramitación guiada.
A súa implantación xa foi rematada nos xulgados mixtos, así como nos xulgados do contencioso-administrativo e do social das cidades de Lugo, Ourense e A Coruña, e o proceso continuará coa implantación nos xulgados destas dúas ordes xurisdicionais nas cidades de Santiago e Pontevedra e, de seguido, en Vigo e Ferrol. Este calendario irá acompañado dos correspondentes cursos de formación de persoal usuario da aplicación. Ademais, a implantación de MINERVA nos xulgados do penal, de instrución e de instancia iniciarase neste mes de outubro.
Deste xeito, a Consellería está a desenvolver un importante esforzo para a melloría da eficacia da aplicación informática de xestión procesal utilizada nos xulgados, que deixa atrás ao seu antecesor LIBRA e que presenta a posibilidade de que os xuíces e secretarios xudiciais teñan coñecemento en tempo real sobre a tramitación das causas e dos procesos do seu xulgado, para o que dispoñen dun sistema de alarmas de determinados trámites, superando así as significativas carencias do sistema anterior.