PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O vicepresidente e deputado delegado de Cultura, José Juan Durán, apuntou hoxe que durante a pasada fin de semana foron máis de 3.000 as persoas que se achegaron ata o Pazo de Cultura de Pontevedra para desfrutar da Certame Provincial de Bandas. No referente ás entidades participantes, este ano bateuse o récord de participación de todas as edicións coa presenza de 21 agrupacións musicais e 1.500 músicos.
Durán manifestou a súa satisfacción pola xuventude do público que xunto coa mocidade de moitos dos músicos participantes “garántese o futuro deste tipo de música”. Neste senso, ensalzou a labor e o papel que xogan as escolas de música da provincia que forman a moitos músicos das bandas”. O vicepresidente tamén salientou a difícil labor do xurado á hora de valorar as actuacións “dunha alta calidade interpretativa”.
Palmarés
A Banda de Música de Lalín proclamouse a gañadora da Sección Especial da Certame de Bandas da Deputación de Pontevedra, superando á Unión Musical de Valladares e á Bannda de Música Artística de Merza. Os lalinenses, dirixidos por Bram Sniekers, obtiveron o primeiro posto logo de interpretar, xunto coa obrigada “Dutika Mere” de Julio Montero, a Suite Sinfónica para Banda “Pinocho”, de Ferrer Ferrán.
Pola súa parte, a Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira, baixo a batuta de Miguel Rodríguez Barrio, acadou os loureiros en sección primeira, interpretando a obra de Philip Sparke, “Music of the Spheres”.
Na sección segunda, foi a Banda de Música Municipal de Agolada, dirixida por Nilo Jesús García Armas, quen resultou vencedora interpretando, ademais da obrigada “Pontus Veteris”, o I e III movemento de “Ghost Train”, de Eric Whitacre.
En sección terceira, a Unión Musical de Cabral, que competía interpretando, ademais da obra obrigada, “Os sons do camiño”, de García Hurtado, a obra libre “Pilatus: Mountain of Dragons”, de Steven Reineke, proclamouse vencedora desta edición, superando ás bandas de Chapela, Campo Lameiro, Mondariz, Lantaño e Bembrive.