08 octubre 2008

Vigo : continua a recollida de firmas para promover a iniciativa de área metropolitana

VIGO (MORRAZO-tribuna) .- Os promotores da iniciativa lexislativa popular para promover a área metropolitana continúan coa campaña informativa e de recollida de firmas en distintos puntos da cidade de Vigo e das poboacións que configuran a área.
Hoxe mércores 8 de outubro os postos informativos e de recollida de firmas estarán emprazados en :
Pola mañá, de 10.00 a 13.00 horas
- Mercadiño de Coia: no parque de A Bouza
Pola tarde, de 18.00 a 20.30 horas
- Balaídos: inmediacións do estadio de Balaídos, coincidindo coa celebración do encontro do Celta – R.Sociedad
Mañá xoves 9 de outubro en:
Pola mañá, de 10.00 a 13.00 horas
- Praza de América: cruce rúa Coruña – Avda. Castelao
Pola tarde, de 18.00 a 20.30 horas
- Paseo de Príncipe: inmediacións do museo Marco
Os promotores da iniciativa popular convidan a toda a cidadanía a achegarse a estes puntos onde poderán informarse sobre a área metropolitana e plasmar o seu apoio asinando nos pregos oficiais para acadar as 15.000 firmas precisas para elevar a área metropolitana ante o Parlamento Galego.