VIGO (MORRAZO-tribuna).- A Federación Veciñal “Eduardo Chao” denunciou este mércores publicamente a grave situación de vacío e indefensión na que se atopan as persoas cuxos terreos foron expropiados para a construción do AVE en Teis. "Os expedientes de expropiación están xa rematados e completos solicitándose incluso o desaloxo, mentres as familias afectadas seguen sen recibir os cartos polos terreos e vivendas expropiados, imprescindibles para a adquisición forzosa das novas vivendas e facer fronte aos préstamos hipotecarios xa solicitados. É total irresponsibilidade de Fomento alongar sine die o pago das expropiacións baixo a disculpa da aprobación do estudio informativo complementario coas modificacións do acceso a Vigo; un proceso que, á vista da marcha das obras do AVE, pode durar moitos anos", explicou a FAVEC.
"Instamos ás administracións local, provincial e comunitaria galega a mediar ante Fomento diante desta situación de inxustiza e indefensión que están a vivir as persoas afectadas. Os novos anuncios de datas e proxectos para o AVE non poden esquecer o drama das familias que se atopan neste incerto impás de espera e incertidume sobre o futuro dos seus fogares e créditos adquiridos. Ante estes abusos administrativos a FAVEC amosa a súa máis sinceira solidariedade coas familias afectadas e colaborará en todos os ámbitos ao seu alcance", indican no final dun extenso comunicado.
Bando de limpeza
Os terreos e vivendas expropiados en Teis atópanse en situación de total abandono. A vexetación xa supón un perigo sanitario, de incendios e de inseguridade polo que o Concello ten a obriga de actuar canto antes e facer cumprir co bando municipal que obriga aos propietarios a manter limpos os terreos dentro do termo municipal de Vigo.