28 noviembre 2008

Accidente laboral en Pontevedra

PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- - O Servizo de Urxencias Sanitarias 061-Galicia atendeu un total de 13 accidentes de tráfico e outras 159 urxencias entre as 00:00 horas e as 14:00 horas de hoxe. Ademais das actuacións de accidentes de tráfico, o 061-Galicia acudiu a 159 chamadas de urxencias que mobilizaron recursos, e rexistrou 321 consultas telefónicas. O máis salientable:
- Ás 6:33 a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso dun accidente de tráfico no concello de FERROL, na avenida Santamariña. Para atender a vítima, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou unha ambulancia medicalizada, logo dunha primeira valoración e asistencia, se trasladou a un varón de 37 anos, J.A.R.L., estado grave ao Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos.
-Ás 11:51 a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso dun accidente laboral no concello de PONTEVEDRA, na rúa Eduardo Pondal. Para atender a vítima que cortara, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou unha ambulancia medicalizada que, logo dunha primeira valoración e asistencia, dun médico que se atopaba no lugar do incidente, se trasladou a un varón duns 53 anos, cunha ferida importante nunha perna, ao Complexo Hospitalario de Pontevedra.