10 febrero 2009

DEPUTACIÓN PROPICIARÁ OITO ACTUACIÓNS NO MORRAZO CUN INVESTIMENTO DE 756.783 EUROS A TRAVÉS DO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN

PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Os concellos da comarca do Morrazo disporán dun total de 722.275 euros para executar nove actuacións incluídas no Plan Provincial de Cooperación (PPC) que xestionará a Deputación Provincial de Pontevedra en 2009. Esta liña de axudas está financiada pola institución provincial, os concellos beneficiarios e o Ministerio de Administracións Públicas (MAP). As obras que se prevén executar con cargo a este orzamento son as seguintes:

BUEU: alumeado público en Castrelo (Cela 76.708,57 euros.
CANGAS: saneamento e abastecemento en Herbello-Francon 115.633,97 euros.
MARIN : obras no cemiterio municipal de A Raña: 117.001,99 euros.
MOAÑA: pavimentación camino do Cunchal PIÑEIRO) 43.292,14 euros.
MOAÑA: pavimentación camino de Albariños (TIRÁN) 52.183,96 euros.
PORTAS: pavimentación vial de Frieiro a Tras do río 47.565,57 euros.
DEPUTACION: acceso a Praia de Menduíña (CANGAS) 150.000,00 euros.
DEPUTACION : Banda do Río –Alto da Portela(BUEU) 154.397,76 euros.

As actuacións denominadas como Deputación realizaranse con cargo ós fondos do PPC que lle corresponden á administración provincial.
O PPC posibilitará a execución de obras na provincia de Pontevedra por arredor de 6.589.030,36 millóns de euros. Esta liña de investimentos irá dirixida á promoción de calquera tipo de obra de competencia municipal nos concellos de menos de 50.000 habitantes. Os importes deste plan distribuiranse empregando como criterio obxectivo unha porcentaxe do 60% para o peso poboacional do municipio e do 40% para o criterio de superficie.
As obras incluídas nestes plans selecciónanse a partir das propostas formuladas polos concellos, que terán como data límite para presentar as solicitudes o vindeiro 12 de xaneiro de 2009. Así mesmo, serán os propios concellos os encargados de tramitar a contratación, seguimento e xustificación das obras incluídas no plan.
O Plan Provincial de Cooperación poderá financiar en todos os municipios actuacións no alumeado público, cemiterios, recollida de residuos, limpeza viaria, abastecemento de auga potable, sumidoiros e pavimentación de vías públicas.
Ademáis das actuacións anteditas, nos municipios con máis de 5.000, habitantes tamén se poderán realizar con cargo a este plan obras en parques e bibliotecas públicas, mercados e tratamentos de residuos.
Finalmente, nas áreas de máis de 20.000 habitantes, ademais de todas as actuacións mencionadas, tamén se poderán executar actuacións para protección civil, prevención e extinción de incendios, instalacións deportivas e servizos.