VIGO (MORRAZO-tribuna).- A candidata número 1 do BNG, Teresa Táboas, mantivo esta mañá un encontro cos medios de comunicación da cidade olívica no Hotel NH, onde estivo acompañada por Henrique Viéitez e Carme Adá, números 2 e 3 da candidatura nacionalista. Táboas enfatizou que o BNG conta en Vigo “co aval dos investimentos realizados estes anos polas consellarías que xestionamos”.
Nesa liña, a preguntas dos xornalistas, asegurou que unha proba dese compromiso é o feito de que “o único lugar de Vigo onde hai grúas traballando é no polígono de Navia”. Tamén sinalou as obras de rehabilitación dos cascos antigos de Vigo e de Bouzas. Ademais lembrou o compromiso da Consellaría de Innovación co sector naval, os investimentos en servizos sociais -dúas galescolas en fundionamento e dúas que van abrir as súas portas en breve, entre outros- e a posta en marcha do Museo do Mar por parte da Consellaría de Cultura.

A candidata nacionalista expuxo dúas ideas programáticas para a campaña nacionalista na cidade: un plano específico de servizos sociais para Vigo e a súa área e un plano de transporte metropolitano que integre autobús, servizo de cercanías e o transporte marítimo de Ría.
“O plano de servizos sociais incluirá equipamentos de benestar como residencias, galescolas e centros de día, e farase en Vigo tendo en conta as necesidades específicas da cidade”, asegurou. Segundo explicou Táboas, este plano aproveitará as sinerxias co Plano Sectorial de Vivenda Protexida, que reserva importantes porcentaxes de solo para equipamentos. Nesa liña, sinalou a dificultade de obter solo para poñer en marcha equipamentos de benestar coa que se estaba atopando a administración autonómica, asegurando que “nós fixemos o que tiñamos que facer”.
Campaña electoral e voto emigrante
A preguntas dos xornalistas, Táboas asegurou que o BNG apostará por facer “unha campaña de propostas concretas”, fronte á “campaña de escaramuzas” que, ao seu xuízo, están a desenvolver outras forzas políticas.
Dixo que o que máis lle está a sorprender da campaña é a cuestión do voto exterior, que cualificou de “falta de respecto á democracia e aos emigrantes”. Nesa liña, asegurou que lle causaba sorpresa “a posición do PP, que tivo 16 anos para reformar o voto emigrante e non o fixo”. “A única forza política que ten unha posición clara é o BNG”, enfatizou.
Henrique Viéitez
O candidato número dous foi preguntado pola súa “volta á política”, respondendo que “en todo caso volverei ás institucións, porque a política nunca a abandonei”. Valorou positivamente o traballo do BNG durante os tres anos do goberno galego, sinalando especialmente a puxanza do sector naval “que algúns deron por morto”: