10 febrero 2009

MOS : Arévalo e Rodríguez xestionan en Santiago o inicio das obras da Galescola e a ludoteca municipais

MOS (MORRAZO-tribuna).-A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Benestar Social, Ana Rodríguez, reuníronse esta mañán en Santiago con Lois Pérez Castrillo, xerente do Consorcio Galego de Servicios de Igualdade e Benestar.
O motivo da visita foi o interese das dirixentes municipais mosenses por coñecer a data de inicio das obras da Galescola e a nova ludoteca, incluídas no convenio de colaboración entre o Consorcio e o Concello de Mos.
Tra-la entrevista, o xerente do Consorcio comprometeuse coa alcaldesa e a concelleira a poñer en marcha de xeito inminente estas obras que ata o de agora estiveron estancadas.
Respecto da Galescola de Mos, o xerente do Consorcio informou ás dirixentes mosenses de que xa hai proxecto básico, vaise proceder á elaboración do proxecto de execución; e o vindeiro mes de Abril comenzarán as obras de adecuación da Escola Unitaria de Coto Torrón para convertila en Galescola. Sen embargo, segundo declarou hoxe Ana Rodríguez, “a Galescola non empezará a funcionar ata o ano que ven xa que as instalacións precisaban unha reforma máis importante da que os técnicos do Consorcio creían”.
No caso da ludoteca, a edil de Benestar Social dí que Lois Pérez Castrillo lle asegurou esta mañán que o proxecto está rematado e que lle van a dar traslado ó Concello para iniciar as obras nas próximas semanas. “Esperamos poder ofertar de novo o servicio da ludoteca en Abril”, declarou a concelleira. A nova ludoteca pasará a estar ubicada nun local de San Rafael ó seres necesario o lugar que ocupaba antes para dependencias da Galescola.