25 abril 2009

Manuel "PACHI" Vázquez ya manda en el PSOE tras el congreso de Pontevedra

PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O que alguns chaman o escudero de Pepe Blanco, e outros o oportunista que aproveitou ben a xogada, xa lidera o PSdeG-PSOE despois do Congreso de Pontevedra.Foi un visto e non visto : caiu o inefable Touriño e ...zás, por designio de Madrid (Pepe Blanco) xa temos na escea de primeiro espada político ao ex alcalde de O Carballiño.
O novo secretario xeral dos socialistas galegos, Manuel Vázquez, asegurou hoxe en Pontevedra, no seu discurso como novo líder do PSDEG que o partido comeza hoxe un «novo rumbo» cun «único obxectivo: gobernar sos» en Galicia.

No final do congreso extraordinario, Vázquez viu como a asistencia avalase co 87 por cento dos votos a súa proposta para a nova Executiva socialista, e afirmou que para o novo proxecto, o PSDEG conta con «o mellor equipo», pois combina «mocidade, experiencia, capacidade e territorialidade». «O partido retoma o rumbo, fixo, sereno e seguro de que imos chegar a gañar a confianza da maioría para imprimir o cambio que Galicia precisa», dixo.

Vázquez defendeu o «galeguismo» e a «socialdemocracia» como sinais de identidade do seu partido e mostrouse convencido de que «todos xuntos» serán «capaces de crear unha alternativa, á que non lle trema a man, sen présas e sen atajos, co obxectivo de que o PSDEG goberne maioritariamente o pobo galego».

O líder dos socialistas galegos tivo palabras de agradecemento a todos os que lle apoiaron para chegar á Secretaría Xeral, en especial, «á persoa que foi capaz de articular un proxecto, liderar durante dez anos o partido e facer ao PSDEG sentirse maduro».
No seu discurso, o novo mandamás do PSOE en Galicia, advertiu a Núñez Feijóo que a Xunta non pode facer do financiamento autonómico un elemento de «confrontación» co Goberno central «para servir aos intereses de Rajoy».
«Non pode usar Galicia como moeda de cambio. O Goberno de Zapatero , con ministros galegos, coñece perfectamente as circunstancias» da comunidade para telas en conta no novo modelo de financiamento autonómico.