12 mayo 2009

Detienen en Moaña a una pareja
de presuntos incendiarios

MOAÑA (MORRAZO-tribuna) .Funcionarios do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma en Pontevedra informaron hoxe da detención o mércores 6 de maio de A.M.S.L. e P.S.M., muller e home de 31 e 53 anos, respectivamente; como presuntos autores dun incendio forestal, acontecido no lugar da Fraga de Abaixo, no Concello de Moaña (Pontevedra).

O lume que se lles imputa tivo lugar o pasado 2 de maio, debido á neglixente realización dunha queima e motivou o arrase dunha superficie aproximada de 0,22 hectáreas de monte raso e 0,08 de superficie arborada. Para a súa extinción foi necesaria a actuación do Servizo de Extinción de Incendios da Xunta de Galicia; mentres que as detencións contaron coa colaboración de axentes da Brigada de Investigación de Incendios Forestais (BIIF) do Distrito XIX, que colaboraron na inspección ocular e posterior investigación.

Os dous detidos, unha vez oídos en declaración, foron postos en liberdade coa obriga de comparecer ante a Autoridade Xudicial cando foran requiridos, instruíndose dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 3, en funcións de garda, de Cangas. Con esta detención, a Policía Autonómica xa ten posto a disposición xudicial no que vai de ano a 34 persoas por delitos relacionados cos incendios forestais.