VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa na que lle pregunta ao Goberno se garante que o Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra se vai ubicar en Vigo, “tal e como indicaban todas as previsións”.
Davila quer saber cal é o compromiso do Ministerio de Xustiza para que este Xulgado, “longamente reclamado polo concello e as entidades económicas, se sitúe na cidade viguesa”.
Ademáis, a deputada nacionalista pregunta ao Executivo cal “é a súa opinión acerca das declaracións efectuadas polo Presidente da Audiencia de Pontevedra quen cuestionou a necesidade de que o Xulgado do Mercantil teña que ubicarse en Vigo”.
Xulgado do Mercantil longamente demandado por Vigo
Olaia Fernández Davila lembra que o 3 de marzo se publicaba no BOE, o Real Decreto 167/2009, de 13 de febreiro, polo que se dispón a creación e constitución de 15 xulgados para a mellora da xurisdicción mercantil, dentro da programación de 2009. Entre eles o xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra.
“Un xulgado do Mercantil que, en principio, estaría destinado a Vigo, según las propias afirmaciones realizadas por el Ministro de Xustiza”, sinala Davila.
A parlamentar nacionalista sinalou que “tanto o concello como as entidades económicas da cidade viguesa daban por seguro que este Xulgado iría para Vigo”. Mais, o recén nomeado Presidente da Audiencia de Pontevedra puxo en dúbida a necesidade de que teña que establecerse na cidade olívica, e defendeu a súa ubicación en Pontevedra.
Davila explica que tal pronunciamento provocou unha grande preocupación entre as autoridades municipais e organizacións económicas de Vigo, que levan moitos anos reclamando o Xulgado. Desde logo, puntualiza a deputada, “non se trata de cuestionar a idoneidade do Xulgado para Pontevedra senón que se tata de atender o crecente volume comercial e de negocios que se enxendra diariamente na cidade viguesa”.
Tamén pregunta ao Goberno cando prevé que estea rematado o Informe do Consello Xeral do Poder Xudicial ao respeito.