REFERENCIA DO CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA QUE TIVO LUGAR NO PAZO DE RAXOI O DÍA 14 DE MAIO DE 2009,
BAIXO A PRESIDENCIA DO SR. D. ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO
DECRETOS
CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
• Decreto polo que se nomea secretario xeral de Medios a Alfonso Cabaleiro Durán
• Decreto polo que se nomea secretario xeral de Emigración a José Antonio Camba Bouzas
• Decreto polo que se aproban os estatutos do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia
• Decreto polo que se designan vogais representantes da Xunta de Galicia no Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública
CONSELLERÍA DE FACENDA
• Decreto polo que se dispón que cese José Colino Sueiras como director xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios da Consellería de Economía e Facenda
• Decreto polo que se dispón que cese Ángel Luis Tarrío Tobar como director do Instituto Galego de Estatística
• Decreto polo que se nomea director xeral de Planificación e Fondos a Francisco Javier Rodríguez Seijo
• Decreto polo que se nomea director xeral do Instituto Galego de Estatística a José Antonio Campo Andión
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
• Decreto polo que se nomea secretario xeral de Política Lingüística a Anxo M. Lorenzo Suárez
CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO
• Decreto polo que se nomea director xeral de Promoción e Difusión da Cultura a Francisco López Rodríguez
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
• Decreto polo que se dispón que cese Manuel Vidal López como presidente do Padroado do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia
• Decreto polo que se nomea presidente do Padroado do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia a Fernando Garrido Valenzuela
• Decreto polo que se establecen as normas de recollida, transporte e tratamento dos produtos forestais provenientes das zonas afectadas polo fungo Giberella Circinata Niremberg el O`Donnell tamén coñecido como Fusarium Circinatum Niremberg el O`Donnell
ACORDOS
CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
• Acordo polo que se valida un gasto por importe de 265.486,04 euros, correspondente ás compensacións económicas das actuacións profesionais por asistencia xurídica gratuíta aos colexios de procuradores de Galicia
• Acordo polo que se valida un gasto por importe de 3.331.882,03 euros, correspondente ás compensacións económicas das actuacións profesionais por asistencia xurídica gratuíta aos colexios de avogados de Galicia
CONSELLERÍA DE FACENDA
• Acordo de retrocesión á Tesourería Xeral da Seguridade Social dos espazos ocupados polo Servizo Galego de Saúde na Casa do Mar en San Cibrao, Concello de Cervo
CONSELLERÍA DE SANIDADE
• Acordo polo que se autoriza a sinatura do convenio de cooperación entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, para a colaboración na docencia teórico-práctica no programa oficial de posgrao de Enfermaría en Atención Sanitaria, Xestión e Coidados
CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO
• Acordo polo que se autoriza a subscrición dunha addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e o Concello de Oleiros, para a realización das obras de consolidación estrutural e posta en valor do Castelo de Santa Cruz de Oleiros
CONSELLERÍA DO MAR
• Acordo polo que se autoriza o compromiso de gasto plurianual contemplado na orde pola que se establecen as bases e se regulamenta o procedemento para a concesión de axudas para a realización de proxectos de promoción sociocultural e divulgación nas comunidades pescadoras e o sector pesqueiro para o bienio 2009-2010
INFORMES
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
• Informe sobre a suspensión cautelar previa á aprobación inicial do Plan de ordenación do litoral de Galicia
CONSELLERÍA DE SANIDADE
• Informe sobre a situación financeira do Servizo Galego de Saúde
CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO
• Informe sobre o Plan de actuación do Xacobeo 2010
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
• Informe da Consellería de Traballo e Benestar polo que se dá conta ao Consello da Xunta da renovación dos representantes da Xunta de Galicia nos órganos de goberno do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
• Informe da Consellería de Traballo e Benestar polo que se dá conta ao Consello da Xunta da designación dos novos membros do Padroado da Fundación Galega para Impulso da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia (FUNGA)
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
• Informe sobre as actuacións en apoio do sector lácteo
CONSELLERÍA DO MAR
• Informe sobre proxecto e obra do edificio institucional da oficina do Ente Público Portos de Galicia