VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas está a revisar as actuacións de saneamento que executou o anterior Goberno autonómico e, de xeito especial, as de eliminacións de puntos de verquidos e de contaminación bactereolóxica, á vista de que non se acadaron os obxectivos plantexados.
No caso concreto da Ría do Burgo, estase a realizar un seguimento e unha identificación dos puntos de verquidos, co obxecto de coordinar cos concellos, responsables da xestión da rede, as posibles solucións.