12 mayo 2009

Feijóo manda decir que se cumplirán las promesas hechas al sector lácteo

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-A Xunta de Galicia nega taxativamente que se estea anticipando o pago único aos nosos agricultores e gandeiros. A Consellería do Medio Rural está tramitando unha axuda financeira no marco do regulamento de mínimis, acompañada do correspondente convenio coas entidades financeiras, para que estas posibiliten o acceso a préstamos por un importe similar, no seu caso, ao pago único, que non se fará efectivo ata o 1 de decembro, como todos os anos.

Os agricultores van a dispoñer desta liquidez, tal e como se informou onte, a partir do mes de xuño e a Xunta de Galicia vai financiar os xuros. O Goberno galego ampárase no regulamento comunitario de mínimis para garantir a legalidade desta medida. Deste xeito porase a disposición dos titulares das explotacións de leite un mínimo de circulante que lles permita subsistir mentres non se apliquen coa intensidade adecuada outras medidas a nivel estatal que axuden a frear, no marco das regras do mercado único, as devastadoras consecuencias que para Galicia está a ter a caída dos prezos da leite.