11 mayo 2009

Otros 3 presuntos incendiarios detenidos en Ourense

OURENSE (MORRAZO-tribuna) .- Funcionarios do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma en Ourense informaron hoxe da detención de F.L.V., L.O.C.G. e J.L.C.P., homes de 56, 37 e 48 anos, respectivamente; como presuntos autores dun incendio forestal, acontecido na parroquia de Salceda, no Concello de Boborás (Ourense).

O lume que se lles imputa tivo lugar o pasado mércores 6 de maio, debido á neglixente realización dunha queima de restroballos para a cal pediran autorización. As lapas arrasaron unha superficie aproximada de 0,2 hectáreas de monte raso.

Os tres detidos, unha vez oídos en declaración, foron postos en liberdade coa obriga de comparecer ante a Autoridade Xudicial cando foran requiridos, instruíndose dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Primeira Instrución nº 1 de Carballiño. Con esta detención, a Policía Autonómica xa ten posto a disposición xudicial no que vai de ano a 32 persoas por delitos relacionados cos incendios forestais.