
A GUARDA (MORRAZO-TRIBUNA).- Novamente foi un éxito : Tódolos establecementos colaboradores da festa tanto restaurantes como o adegeiro e o confiteiro mostráronse moi satisfeitos polos resultados da XIX FESTA DA LANGOSTA E DA COCIÑA MARIÑEIRA.
Entre os cinco restaurantes repartíronse uns 350 kg de langostas, o que demostra que a langosta segue sendo a raíña da festa. Os participantes degustaron das racións dos diferentes productos do mar e tan só houbo falta de existencias dalgúns pratos xa o domingo pola tarde. Gran parte dos restaurantes tiveron que conseguir máis existencias dalgúns productos.
Os resultados das actividades que foron satisfactorios, estas foron organizadas dende a Concellería de Turismo para que os visitantes e veciños da Guarda poideran disfrutar dun día compreto ao redor da festa gastronómica.
A Feria de Artesanía estivo un poco condicionada pola metereoloxía ainda que esta primeira experiencia foi aplaudida tanto polos visitantes como polos propios artesáns, xa que a maioría nun dubidaría en repetir en próximas edicións.
O tren turístico fixo que visitantes coñeceran un poco mellor A Guarda, xa que durante o recorrido a guía faia unha explicación do concello, e tamén os veciños poideron disfrutar desta actividade.
As actividades para os máis cativos tiveron unha ampla participación, tanto os obradoiros como os espectáculos.
A festa estivo amenizada tanto o sábado como o domingo por grupos de música de folk e que atraeu a gran número de persoas, sendo estos grupos moi aplaudidos.
Dende a Concellería de Turismo fixérase un forte esforzo de promoción e divulgación da festa gastronómica a través dos diferentes medios e a resposta obtenida foi moi positiva.