PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O Día do Maior, organizado pola Deputación de Pontevedra, xuntou esta tarde a máis de 5.000 persoas pertencentes a 76 asociacións de maiores de toda a provincia no Centro de Vacacións da Lanzada.
O acto, que serviu para homenaxear a todas os colectivos de xubilados, mulleres e pensionista, comezou ás catro da tarde co recibimento oficial dos invitados, ó que seguiu un percorrido polas instalacións do Centro de Vacacións e a presentación das distintas asociacións.
Os asistentes puideron desfrutar de distintas actuacións e animacións, entre as que destacou a intervención dos Xubilados e Pensionistas de O Grove, que amenizaron a xornada con bailes e cancións. Tamén houbo un viño galego e máis actuacións ata as nove e media da noite.
O presidente provincial, Rafael Louzán, recordou na súa intervención que, “no que vai de ano, más de 17.000 persoas se beneficiaron dos distintos programas da Deputación”, o que, segundo apuntou, “énchenos de orgullo, porque son os nosos maiores, os nosos pais e nais, os nosos avos, quen merecen o noso agradecemento, que lles devolvamos agora os esforzos e sacrificios que no seu momento investiron en nós”.
Entre as actividades máis destacadas que promove a Deputación, atópanse o programa diurno de Balnearios, no que participaron 1.885 persoas na campaña de primavera de este ano e outros 1.942 toman parte na de outono, o programa “Pensa en Ti”, que ofreceu 80 cursos a 4.740 mulleres, o programa “Ti tamén contas” no que tomaron parte 1.440 maiores, o programa “Coñece a túa provincia” que achegou a 7.000 maiores á historia de Pontevedra, as viaxes á Expo Zaragoza que levou a 900 persoas a sensibilizarse coa Natureza e coa necesidade de coidar os nosos recursos naturais, as axudas de Teleasistencia Domiciliaria e tamén programas de ocio, formación ou cultura con servizos e axudas directas para os colectivos de maiores e axudas para crear, manter ou equipar centros e infraestruturas para estas asociacións.