MADRID (MORRAZO-tribuna) .- A deputada do BNG no Congreso rexistrou unha iniciativa parlamentar e unha proposición non de lei na Cámara Baixa, na que insta ao Goberno a xestionar ante as institucións xudiciais, a solicitude de elaboración dun estudo sobre a aplicación da custodia compartida regulada na Lei de Divorcio 15/2005.
Na súa proposición, Davila tamén empraza ao Goberno a “estudar a posibilidade de flexibilizar as condicións que se contemplan na lexislación actual para acordar a custodia compartida a fin de facilitar o acceso de nais e pais a asumir con corresponsabilidade as súas obrigas para cos fillos”.
Analisar os resultados da aplicación da custodia compartida
Lembra a parlamentar do BNG que unha das importantes modificacións realizadas na lei 30/1991 foi a custodia compartida que está regulada no artigo 92 da lei de Divorcio 15/2005. “Con esta modificación tratábase de dar resposta ás novas demandas sociais polos cambios que nos últimos anos se teñen producido en relación co papel dos pais”.
Subliña que o introducido na lei respeito á custodia compartida é producto do acordo acadado por todos os grupos parlamentares. “Porén, o aprobado non colma as aspiracións e demandas dunha parte importante da sociedade que considera necesaria a aplicación da custodia compartida sen trabas e sen as limitacións que impón a lei”.
A parlamentar nacionalista considera que despois de tres anos da aplicación desta lexislación, “sería procedente realizar un estudo do impacto que a fórmula acordada sobre a custodia compartida tivo nas resolucións de divorcio”. Quer saber a deputada se esta regulación mellorou os acordos no convenio regulador, se foi beneficiosa para os fillos e fillas, e o balanzo de pais e nais sobre o tema.
Pregunta tamén ao Executivo se “considerou a posibilidade de ampliar as condicións que se contemplan na lei para que a custodia compartida poida acadar un maior número de acordos”.