VIGO / PONTEVEDRA/ CANGAS / MOAÑA (MORRAZO-tribuna) .- A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes ven de presentar os eixes básicos do novo Plan de Transporte Metropolitano de Galicia, que ten como obxectivo principal mellorar a mobilidade e a accesibilidade no entorno de todas as áreas metropolitanas e, polo tanto, que os cidadáns dispoñan dun mellor servizo público colectivo que sexa unha alternativa competitiva e eficiente ao transporte privado.
Para acadar este obxectivo o novo Plan sostense en catro pilares básicos a desenvolver como son a integración tarifaria, a mellora da oferta de servizos, a coordinación entre as redes urbanas e interurbanas e a mellora das infraestruturas de transporte. Na práctica trátase da implantación dun verdadeiro transporte público que sexa unha alternativa real ao vehículo privado. A Consellería destina, a través da Dirección Xeral de Transportes, un total de 15 millóns de euros anuais ao financiamento da redución tarifaria e o transbordo gratuíto, e 5 millóns máis á mellora das infraestruturas do transporte.
A adhesión a este novo Plan require a previa conformidade de cada un dos concellos que decidan integrarse e de cada unha das empresas que operan dentro de cada área, e cuxos acordos serán formalizados con convenios específicos. Polo tanto o Plan implantarase de xeito progresivo egradual á medida que se formalicen os citados convenios para cada área. En principio a Dirección Xeral de Transportes traballa coa previsión de que formen parte das distintas áreas os seguintes concellos:
-Área de Transporte Metropolitano da Coruña: A Coruña, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.
-Área de Transporte Metropolitano de Ferrol: Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Neda, Pontedeume, Valdoviño.
-Área de Transporte Metropolitano de Santiago: Ames, Boqueixón, Brión, Oroso, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e Vedra.
-Área de Transporte Metropolitano de Lugo: Castro de Rei, Castroverde, Friol, Guntín, Lugo, O Corgo, Outeiro de Rei e Rábade.
-Área de Transporte Metropolitano de Ourense: Amoeiro, Barbadás, Coles, Ourense, Pereiro de Aguiar, Punxín, San Cibrao das Viñas e Toén.
-Área de Transporte Metropolitano de Pontevedra: Cotobade, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Vilaboa e Marín.
-Área de Transporte Metropolitano de Vigo: Baiona, Cangas, Gondomar, Moaña, Mos, Nigrán, O Porriño, Redondela e Vigo.
Non obstante a adhesión ao Plan de Transporte Metropolitano é voluntaria e, ademais, o deseño non está pechado. É dicir, o Plan está concibido como un proceso dinámico ao que poderán adherirse os concellos sempre que manifesten a súa vontade e asuman as obrigas establecidas.
Integración tarifaria
A principal novidade que incorpora o Plan de Transporte Metropolitano é a aposta por un novo sistema tarifario integrado válido para todos os modos de transporte público. Para isto dividirase o territorio en zonas de transporte en base a criterios funcionais (mobilidade e sistema de transporte actual) e administrativos (límites comarcais e municipais). Isto supón pasar do actual modelo (quilométrico) a un modelo zonal. Establecerase unha tarifa única para cada ámbito zonal previamente definido, independentemente do modo de transporte público utilizado (autobús, barco, FEVE,...), da empresa operadora que preste o servizo e do número de transbordos que faga o usuario, porque os transbordos que se realicen dentro dun intervalo detempo determinado serán gratuítos.
O modo de pagamento por parte dos usuarios será ben un billete único por viaxe, ou ben unha tarxeta moedeiro recargable válida para todas as áreas de Galicia e compatible entre o transporte metropolitano e o urbano.
A modo de exemplo, unha vez que o sistema entre en funcionamento,un usuario pagará por viaxe en función do número de "saltos" que se establezan entre o punto de orixe e de destino da viaxe.
Entre as vantaxes para o usuario, ademais de resultar máis cómodo e sinxelo o seu uso, este sistema ten unha repercusión inmediata sobre o custe do billete, tanto respecto á tarifa por viaxe como aos transbordos. Trátase polo tanto dun medio de pago común para todos os modos de transporte e todas as áreas metropolitanas que se irá aplicando de maneira paulatina á medidaque se definan as zonas. Ademais non hai ámbitos pechados xa que está prevista a incorporación de novos concellos a maiores dos inicialmente establecidos.
A Consellería seguirá mantendo as subvencións ao usuario para garantir un prezo común por viaxe independentemente de que empresa realice o servizo, polo que compensará ás operadoras.
A CPTOPT asumirá o 80 por cento desa compensación mentres que os concellos aboarán o 20 por cento restante (ata o de agora, nas áreas onde funciona o transporte metropolitano a Consellería tiña fixado o pago do 60 por cento e os concellos o 40 por cento restante). O novo reparto de cargas deberá formalizarse en convenios con cada un dos concellos que formen parte da área.
Solución tecnolóxica
A Dirección Xeral de Transportes leva dous anos desenvolvendo este sistema e está ultimando o traballo que permita a implantación deste sistema tarifario integrado. Para isto estase a elaborar o programa informático que aplicarán todos os operadores de transporte e as canceladoras quedeberán incorporar todos os medios de transporte. A existencia de máis de 150 empresas concesionarias de transporte público en Galicia é un bo exemplo da complexidade do proceso tecnolóxico para artellar unha ferramenta válida, funcional e universal dentro do ámbito daComunidade Autónoma. Xa o pasado mes de abril a CPTOPT asinou un convenio con Caixa Galicia para a adquisición e implantación da nova tarxeta metropolitana, das que xa hai dispoñibles un total de 250.000.
Mellora da oferta de servizos e coordinación entre transporte urbano e interurbano
Ademais das vantaxes tarifarias , un dos piares básicos para fomentar o uso do transporte público é a mellora da funcionalidade das liñas que se concretará no incremento das frecuencias nos corredores metropolitanos e no aumento da cobertura do sistema de transporte público sobre o territorio. Esta mellora da oferta concretarase coa colaboración dos concellos e dos operadores.Ademais, a Dirección Xeral de Transportes ofrecerá apoio técnico aos concellos interesados en establecer servizos de carácter estritamente municipal.
O novo Plan de Transporte Metropolitano incorpora accións concretas para adecuar a oferta de transporte público ás necesidades e demandas dos usuarios. Para isto actuarase sobre os servizos xa existentes e implementaranse outros novos para conquerir corredores metropolitanosde altas prestacións e unha rede axeitada nos respectivos termos municipais. Ademais, en función das necesidades detectadas, estableceranse novos servizos directos con paradas nos puntos de mais demanda co fin de aportar axilidade ao transporte metropolitano e, deste xeito,facelo máis atractivo para a poboación.
Cómpre recordar que este tipo de servizos -que se irán estendendo polas distintas áreas- xa están funcionando a modo de experiencia piloto na área de Ferrolterra. Todas estas modificacións e incremento de servizos formalizaranse a través da sinatura de contratos-programa con cada un dos operadores que ostenta os títulos concesionaisdo transporte público en Galicia.
Así mesmo, en colaboración cos Concellos planifícase por primeira vez a coordinación conxunta das diferentes redes de transporte, entre urbano e interurbano. Esta coordinación permitirá rebaixar os tempos de percorrido, achegar destinos e crear outros novos, axeitando así a ofertaás necesidades e demandas reais dos usuarios.
Mellora das infraestruturas do transporte
Outro dos eidos de actuación para o fomento do transporte público é a dotación de infraestruturasque contribúan a un servizo moderno, competitivo e eficiente. O obxectivo é mellorar a información para os cidadáns nas terminais e puntos de parada. Para isto o Plan de Transporte Metropolitano contempla a dotación das infraestruturas necesarias. Deste xeito, a curto prazoactuarase sobre cuestións como a colocación e renovación de marquesiñas e postes de parada, e a implantación de intercambiadores de transporte e a mellora da información ao usuario. A medio prazo estúdanse as vantaxes para establecer plataformas exclusivas para o transporte público(carrís VAO).
Diagnose do transporte en Galicia
Estas liñas de actuación foron deseñadas en base á información obtida tras un traballo de campo sobre a mobilidade. A diagnose realizada constata que entre as cidades cabeceira e as súasáreas metropolitanas prodúcense diariamente case medio millón de desprazamentos en vehículo privado, mentres que tan só un de cada dez cidadáns opta polo transporte público nos seus desprazamentos. Ademais, o uso do vehículo privado amosa unha tendencia á alza (multiplicousepor dous nos últimos dez anos), mentres que o transporte colectivo viu diminuír progresivamente o número de usuarios.
Esta diagnose corrobora a necesidade de poñer en marcha un Plan de Transporte Metropolitano que supere todas as deficiencias actuando sobre a política tarifaria, sobre os servizos ofertados e sobre as infraestruturas para lograr que o transporte público deixe de ser o modo de transporte deuso exclusivo por parte de cidadáns cautivos e sexa percibido como a mellor alternativa por maiornúmero de persoas. En definitiva, que os cidadáns perciban o transporte público como un servizo cómodo, moderno e atractivo. As actuacións previstas no Plan afectarán a máis de millón e medio de habitantes das principais cidades galegas e as súas áreas de influencia.