PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).-Ultimos acordos de obras que acometerá de inmediato a Deputación de Pontevedra.
A DEPUTACIÓN DESTINA 195.830 EUROS Ó PROXECTO DE CONCLUSIÓN E MELLORA DA ESTRADA PROVINCIAL COVELO-BARCIADEMERA
A Xunta de Gonberno da Deputación aprobou hoxe o proxecto de conclusión, mellora e reposición de servizos da estrada provincial Covelo-Barciademera. O importe desta actuación ascenderá a 195.830 euros.
Acometeranse explanacións e movementos de terras; a demolición de muros e peches que invadan a traza do vial para, posteriormente, repoñelos; rede de fecais; rede de pluviais; e o soterramento das liñas de media e baixa tensión.
O prazo de execución previsto inicialmente no proxecto será de 6 meses.

A DEPUTACIÓN INVESTIRÁ 147.180 EUROS NA MELLORA DO TRAZADO E DA CAPA DE RODAXE DA ESTRADA PONTECALDELAS-PARADA
A Xunta de Goberno da Deputación aprobou hoxe o proxecto de conclusión e mellora do trazado e capa de rodaxe da estrada provincial Pontecaldelas-Parada. O importe do mesmo ascende a 147.180 euros.
As obras incluídas neste proxecto consistirán no retranqueo, traslado e novo levantamento de varios peches e pequenas edificacións para obter unha anchura total de explanación de 12 metros.
Tamén no retranqueo dunha prensa de rego existente no lugar da obra. Finalmente acometerase o afirmado da zona ensanchada e aplicarase unha capa de rodaxe final nunha lonxitude de 1.039 metros liñais.
O prazo de execución estimado no proxecto será de seis meses.