24 octubre 2008

O BNG-Condado destaca que o programa de Vicepresidencia XANTAR NA CASA, chega a máis do 50% dos Concellos da zona.

PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna) .- O BNG, valorou como moi positiva para a comarca esta nova actuación de Vicepresidencia da Xunta. Sandra Araúxo, Responsábel Comarcal, recordou que o obxectivo deste programa é atender as personas con problemas de dependencia, polo que os beneficiarios desta iniciativa serán os maiores de 60 anos que teñan limitacións na sua autonomía e non disponñan dunha rede de apoio, así como menores desa idade que estén nunha situación de risco de exclusión social.
Esta medida forma parte das iniciativas de “proximidade” que inclue a Lei Servizos Sociais, que está en fase de tramitación parlamentaria, e na que o benestar social deixa de ser asistencial para convertirse nun dereito, “Este servizo, representa un novo compromiso da colaboración cos concellos galegos, na liña de cooperación e diálogo promovida polo BNG desde a Vicepresidencia”, manifestou Sandra Araúxo.
Sandra Araúxo, suliñou tamén o carácter “transformador das políticas do BNG, auténtico motor do goberno galego, nas políticas de igualdade e benestar dirixidas á maioría social”, unhas políticas inspiradas no proxecto político do BNG orientado a “lograr o máximo autogoberno, unhas políticas sociais que melloren a calidade de vida dos galegos e galegas”.
Cada usuario pagará, como máximo, 54 euros ao mes polo seu menú diario, adaptado ás súas necesidades e elaborado con materias primas de primeira calidade
O programa, Xantar na Casa, inclúese na carteira de prestacións do Sistema Galego de Benestar e supón un novo avance na estratexia de reforzo dos servizos de atención domiciliaria, cos que se pretende garantir a permanencia das persoas no seu contorno, ao tempo que promove a súa autonomía persoal.
Serán os servizos sociais municipais os que seleccionen ás persoas beneficiarias do programa, mentres que o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar xestionará a prestación do servizo e realizará o seguimento do mesmo.