COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna) .- O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu, asinou hoxe con representantes das organizacións sindicais CIG e UGT o V convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia. Esta sinatura pon fin a un proceso negociador que se iniciou no ano 2005. O convenio aplícase a 11.420 traballadores da Xunta de Galicia, entre eles 1.600 traballadores de incendios que melloran as súas condicións laborais e económicas ao establecerse no texto unha nova regulación para eles, poñendo fin a un conflito iniciado tamén no 2005.
Segundo explicou o conselleiro, coa sinatura deste convenio péchase un ciclo de acordos retributivos, organizativos e de promoción profesional cos sindicatos, que durante estes anos permitiron avanzar nas melloras das condicións de traballo dos empregados da Xunta. “Hoxe, no que creo que será xa o último acordo nesta lexislatura, quero recoñecer o esforzo e a vontade que durante estes catro anos as organizacións sindicais amosaron para encauzar os problemas pola vía de diálogo”, declarou. Méndez Romeu tamén sinalou que este é o sexto acordo que en materia de relacións laborais se asina coas organizacións de representación dos traballadores no ámbito estricto da Función Pública.
“É un número importante, que dende logo supera ao de etapas anteriores e testemuña por si mesmo a vontade de diálogo das partes en materia de relacións laborais –afirmou- . Os acordos sempre poden ser mellorables, pero significan en cada intre o punto de acordo posible entre as distintas posicións, dentro das dispoñibilidades orzamentarias e do marco regulador ao que nos debemos.”
Méndez Romeu valorou a lexislatura como “fructífera” dende o punto de vista da negociación e do plano lexislativo, con normas que xa están publicadas e outras que están en fase de elaboración. Así mesmo, lamentou que algunhas organizacións sindicais renunciaran a firmar e participar “nun conxunto de melloras importantes” para 11.000 traballadores da Xunta de Galicia, se ben indicou que o convenio está asinado por dúas organizacións con maioría suficiente para darlle validez.
Contido do convenio
Este novo convenio colectivo, que substitúe ao anterior do ano 2002, conta coas seguintes melloras:
§ Promoción profesional dos empregados públicos:
o Concurso permanente de traslados.
o Concurso horizontal a calquera categoría do mesmo grupo, sempre que se posúan a titulación e demais requisitos do posto de traballo.
o Posibilidade de participar por promoción interna a calquera grupo, sempre que se posúa a titulación necesaria para o acceso.
§ Nos supostos de incapacidade permanente total dun traballador adxudicaráselle un posto definitivo de acordo coas súas condicións de saúde.
§ Nova regulación -derivada da obriga constitucional de execución das sentenzas xudiciais- relativa ao dereito á percepción do complemento de perigosidade, toxicidade, penosidade e outras condicións especiais do posto, así como o de especial dedicación, que serán efectivos a partir de sentenza xudicial firme que o recoñeza.
§ Créase unha comisión técnica para establecer as condicións das carteleiras dos distintos centros da Xunta de Galicia.
§ Mellóranse as definicións de xornada dos centros asistenciais cunha mellor distribución do traballo a quendas.
§ As vacacións e permisos deste persoal adáptanse á regulación vixente establecida no Estatuto Básico do Empregado Público e na Lei da función pública de Galicia, coa finalidade de ter un réxime común co persoal funcionario.
Outros acordos asinados
En outubro de 2006 o Goberno e as catro organizacións sindicais con representación no ámbito de funcionarios públicos (CIG, CCOO, UGT e CSI-CSIF) asinaron un acordo retributivo de carácter plurianual vixente ata 2009, que recolle unha subida salarial da que se beneficiarán 22.000 traballadores da función pública. Este acordo foi o primeiro a asinado en 15 anos tratouse dunha firma "inédita" na comunidade galega, porque afecta a funcionarios e laborais e polo seu carácter plurianual. Supuxo, xunto coa aplicación do acordo estatal referido ao complemento de destino, un incremento neste período da masa salarial do 9,3% por riba da previsión de inflación.
Así mesmo, no acordo retributivo asinado en xuño de 2007 a Administración e as organizacións sindicais estableceron a inclusión do complemento específico nas dúas pagas extraordinarias dos empregados públicos, de xeito que pasan a percibir 14 pagas de complemento específico fronte as doce anteriores.
O 28 de xaneiro deste ano CIG, CCOO e UGT asinaron un acordo coa Consellería de Presidencia polo que se fixan os criterios de excepcionalidade para cubrir os postos de traballo cualificados de libre designación. Este acordo supón unha redución do número de funcionarios que acceden a un posto pola vía da libre designación en lugar de mediante concurso. Así, os actuais 1.300 postos aos que se accede por libre designación reduciranse por medio deste texto en máis da metade.
Con posterioridade, o 7 de abril constituíuse por primeira vez en Galicia a mesa xeral de negociación de empregados públicos, grazas a un acordo entre a Consellería de Presidencia e os sindicatos CIG, UGT e CSI-CSIF. Esta mesa de negociación constitúese como un foro de negociación das condicións de traballo comúns ao persoal funcionario, docentes non universitarios, estatutarios e laborais ao servizo da Xunta.
Pouco despois o conselleiro de Presidencia asinaba coas organizacións sindicais CIG, UGT e CCOO un acordo de ordenación e mellora do emprego público en Galicia para comezar a aplicalo na Oferta Pública de Emprego (OPE) de 2008. Este plan contempla tres liñas fundamentais: a redución da temporalidade, o plan de promoción interna para persoal funcionario e o plan de promoción interna para o persoal laboral.
O último dos acordos acadouse en verán, sobre o importe do Complemento Transitorio Autonómico (CAT) dos funcionarios ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia. Está destinado a garantir unhas condicións salariais satisfactorias do persoal ao servizo da Administración de Xustiza dependente da Comunidade Autónoma: funcionarios de médicos forenses, xestores e tramitadores procesuais, administrativos e auxilio xudicial con destino en órganos xudiciais, fiscalías, rexistros civís, Instituto de Medicina Legal de Galicia e oficinas xudiciais da Comunidade. Tamén comprende ao persoal interino que preste servizos en postos reservados a estes corpos de funcionarios.
Novas tecnoloxías
Doutra banda, preguntado polos xornalistas acerca do Decreto polo que se establecen as normas de boas prácticas na utilización dos sistemas de información da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, o titular de Presidencia lembrou que os sistemas de seguridade electrónica son semellantes en todas as organizacións avanzadas. Así mesmo, indicou que a medio deste texto se persegue regular o uso das novas tecnoloxías, garantir o papel dos propios mecanismos internos de seguranza e establecer unhas normas claras para que os traballadores da Xunta teñan claro a utilización que deben facer dos equipos e as aplicacións propiedade da Administración e polo tanto evitar calquera tipo de conductas incorrectas.