07 noviembre 2008

Accidentes en las últimas horas

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O Servizo de Urxencias Sanitarias 061-Galicia atendeu un total de oito accidentes de tráfico e outras 158 urxencias entre as 00:00 horas e as 14:00 horas de hoxe. Ademais das actuacións de accidentes de tráfico, o 061-Galicia acudiu a 158 chamadas de urxencias que mobilizaron recursos, e rexistrou 325 consultas telefónicas. O máis salientable:

-Ás 8:01 a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso dun atropelo no concello de SANTIAGO, na rúa da Choupana. Para atender a vítima, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou unha ambulancia medicalizada, que logo dunha primeira valoración e asistencia se trasladou a un home de 75 anos, C.G.C., inconsciente ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago Compostela.
-Ás 10:22 a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso dun accidente laboral no concello de PONTEAREAS, na rúa Oriente. Para atender a vítima que se precipitara dunha altura, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou unha ambulancia asistencial, que logo dunha primeira valoración e asistencia se trasladou a un home de 45 anos, J.R.L., cunha fractura aberta de perna ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.
-Ás 11:53 a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso dun accidente laboral no concello de SARRIA, nunha nave de camións, na poboación de Ferreiros. Para atender a vítima que se lle caera un camión por enriba, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou unha ambulancia asistencial, que logo dunha primeira valoración e asistencia se trasladou a un home de 54 anos, J.A.M.L., cun traumatismo nas costas ao Complexo Hospitalario Xeral Calde de Lugo.