SALCEDA DE CASELAS (MORRAZO-tribuna).- O vicepresidente da nova xestora popular, Santiago Rodríguez Davila, insta ó equipo de goberno local a que tome medidas para solucionar o problema
O Partido Popular de Salceda quixo denunciar hoxe mediante un comunicado emitido polo seu vicepresidente, Santiago Rodríguez Davila, "o total abandono ó que está sometido o orde público na vila, xa que cada día aumentan os roubos en comercios e garaxes, así coma carreiras nocturnas de coches e motos nas rúas do centro cos conseguintes 'trompos' nas rotondas existentes na zona". Todo isto, segundo Rodríguez Davila "perxudica ós veciños do municipio, que non poden durmir por mor dos ruidos e ó día seguinte téñense que levantar cedo para ir a traballar".
Dende o PP de Salceda de Caselas propoñen como medida para por freo a esta serie de actos vandálicos nocturnos que se dote de máis medios á Policía Local e que esta coordine as súas actuacións con outras forzas do estado como a Garda Civil e a Policía Nacional. Segundo Santiago Rodríguez "non se pode seguir a facer o que fai o grupo de goberno local que obriga á Policía Local a que cubra o servizo de noite cun só efectivo que ten que quedar no despacho, polo que non pode patrullar para vixiar o centro e as parroquias". Estas limitacións débense, segundo os populares salcedenses, ás desavenencias e enfrontamentos entre os dirixentes municipais e a Policía Local; sen embargo o vicepresidente da nova xestora do PP insiste en que "non deben de ser os veciños os que paguen por estas disputas, xa que teñen pleno dereito ó seu descanso".
Ó mesmo tempo o grupo municipal do Partido Popular quere lembrarlle ó BNG as súas críticas neste senso cando en Salceda gobernaba o PP e que, cando chegaron ó equipo de goberno local, ós populares que lles precederan xa erradicaran o problema do vandalismo nocturno que agora retornou. Nesta liña Rodríguez declarou hoxe que "cando eles entraron a formar parte da directiva municipal estes roubos, carreiras, actos vandálicos e ruidos xa foran erradicados despois de moito traballo; sen embargo permitiron que voltaran a producirse e agora non fan nada por eliminalos"; "ante o que esiximos", concluía Rodríguez Davila, "que se tomen as medidas oportunas para solucionar estes problemas que non deben ir en aumento polo ben dos veciños de Salceda de Caselas".