VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O proxecto Aquelando 2, iniciativa subvencionada polo Fondo Social Europeo no eido do Programa Operativo “Adaptabilidade e Emprego” a través do Ministerio de Administracións Públicas, bota a andar no mes de febreiro con sete cursos nos concellos de A Cañiza, Sanxenxo, Silleda, Valga, Tui, Soutomaior e Poio.
Na Cañiza e Sanxenxo desenvolverase o curso de “Auxiliar de axuda a domicilio”, cun total de 260 horas de teoría e 290 de prácticas. Nos concellos de Valga e Silleda, o cursiño de “Coidador de persoas con discapacidade física e/ou psíquica” ocupará 315 horas teóricas e 150 prácticas.
Pola súa banda, o concello de Tui acollerá o cursiño de “Auxiliar de coidado infantil”, que contará con 360 horas de teoría e 89 de prácticas. Soutomaior desenvolverá o curso de “Auxiliar de tarefas domésticas en centros socio-sanitarios e fogares”, que constará de 285 horas teóricas e 240 prácticas. Por último, o concello de Poio ofrecerá 275 horas teóricas e 150 prácticas do curso de “Axente de mediación intercultural”.
Propósito do programa
O plan, que ten por obxectivo facilitar a inserción profesional de colectivos con especiais dificultades de acceso ó mercado laboral no sector de servizos ás persoas, conta cun orzamento total de 2.314.780 euros, dos cales o FSE asume o 80% e a Institución Provincial o 20%.
Os beneficiarios destas accións serán persoas desempregadas da provincia de Pontevedra inscritas no Servizo Galego de Colocación, priorizando na súa selección ás mulleres que pertenzan a algún dos seguintes colectivos: persoas de difícil inserción, inmigrantes ou emigrantes retornados/as, entre outros.
Dentro das accións que se levarán a cabo destacan a creación dun Gabinete Técnico, composto por 10 técnicos, para a dar información, asesoramento, orientación socio-laboral ós colectivos obxectivo de inserción laboral en toda a provincia, nas actividades de atención a persoas; implementación de Itinerarios Personalizados de Inserción, combinando formación teórica e práctica, para máis de 450 persoas; posta en marcha dun Servicio de Intermediación Laboran no ámbito de Atención a Persoas (SILAP), que actuará como punto de encontro entre oferentes e demandantes de emprego para as actividades de atención a persoas.
Tamén a elaboración do Pacto Provincial polo Emprego no ámbito de Atención a Persoas, onde estarán representadas as institucións locais, empresariais, sindicais, sociais e financeiras máis representativas dentro da provincia e o desenvolvemento dun espazo en internet onde poder acceder ós recursos do Proxecto Aquelando 2.