ALLARIZ (MORRAZO-tribuna) .- O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, dixo este domingo que non considera suficientes as medidas para dotar de liquidez ao sistema financeiro postas en marcha polo Goberno español.
“Son medidas necesarias pero non son suficientes e mesmo se poden volver contra nós se non van acompañadas doutras medidas que teñen que ser a intervención pública no sistema financeiro para marcar novas regras e novas normas, e para dirixir aos mercados dacordo cos intereses das maiorías sociais, e polo tanto cos intereses da economía produtiva e da economía familiar”, afirmou.
Quintana fixo estas declaración acompañado polo ex presidente da Generalitat catalana, Jordi Pujol, de visita en Allariz. Insistiu en que estas propostas implican a posición crítica mantida ao respecto das medidas aprobadas polo goberno do señor Zapatero, “e coherentemente con isto o que queremos en Galiza é afrontar a situación dende dúas perspectivas: unha utilizando o autogoberno e outra sumando esforzos”, insistiu. E engadiu que esas son as dúas claves hoxe en Galiza para facer fronte á crise: “usar as nosas capacidades competenciais para poñer en marcha un organismo de crédito oficial en Galiza, que debería servir para sumar esforzos e, polo tanto, para unificar nun único organismo tódolos instrumentos de acompañamento empresarial que hoxe a Xunta de Galicia xa ten –caso do Igape e Xesgalicia-.”
Organismo de crédito oficial galego
O portavoz nacional do BNG insistiu en que nese intento de sumar esforzos “estaría ben que nese organismo participaran as entidades de capital risco das Caixas de aforro. Cremos que é o momento de sumar esforzos e construír un organismo potente con capacidade de intervención e que sirva para plasmar na realidade a política de financiamento da economía produtiva que o Goberno galego quere poñer en marcha”, explicou.
Ao respecto, Quintana sinalou que se trata dunha proposta que “nós imos concretar nos vindeiros días, porque hai que darlle concreción institucional, concreción en canto á capacidade de intervención financeira, e concreción en canto á norma básica que a debe regular”. Dixo que hoxe en día, a Xunta de Galicia xa está a poñer en marcha medidas de acompañamento empresarial a través do Igape, “medidas que considero moi positivas, pero estamos obrigados, á vez que xestionamos esas medidas con eficacia, como se está facendo dende a Consellería de Economía, estamos obrigados tamén a ir pondo sobre a mesa novas propostas para o futuro inmediato”, sinalou.
Engadiu que “con esa intención e dende esa disposición temos feita esta proposta que concretaremos nos próximos días. Dende o BNG temos un grupo de traballo, de economía que é o encargado de realizar esta proposta e de concretala. Está traballando nela e, en canto poidamos avanzar no que consideramos pode ser a composición deste organismo, como do capital inicial co que ten que partir e as normas básicas de funcionamento, darémolo a coñecer”, concretou.