29 junio 2009

Expropiaciones : buenas palabras del nuevo conselleiro con respecto al futuro

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, apostou esta mañá por instaurar criterios homoxéneos nas valorizacións que se realicen nos casos de expropiación forzosa. Explicou que os principios constitucionais de seguridade xurídica e igualdade demandan que os cidadáns non vexan como os seus bens son valorados de xeito distinto segundo a provincia ou a administración expropiante.

Recoñeceu que as administracións están obrigadas a acometer e executar obras e actuacións que melloren a calidade de vida dos cidadáns, pero estas actuacións xeran inevitables molestias e preocupacións aos afectados. Engadiu que os cidadáns teñen dereito a ser indemnizados de xeito xusto, polo sacrificio que o interese de todos lles esixe, e a indemnización debe ser sometida a criterios obxectivos.

O titular de Medio Ambiente inaugurou esta maña unhas xornadas sobre o réxime de valoración a efectos expropiatorios no texto refundido da Lei do Solo, organizadas pola Escola Galega de Administracións Públicas, onde recoñeceu a necesidade de posibilitar que a valoración e o pagamento do prezo xusto dunha expropiación se realice de xeito rápido e eficaz.

Explicou que o cambio lexislativo vivido en materia de valoracións coa Lei de Solo de 2007 e o seu texto refundido no ano 2008[1] marca un novo escenario e implica un cambio substancial na forma de valorar os bens e dereitos afectados polas expropiacións. Sinalou que o texto da lei, en moitas ocasións impreciso, necesitará de interpretacións que moitas veces non van ser doadas.

Nese senso, felicitou aos organizadores desta xornada, xa que actividade como esta servirán axuda mutua e reflexión para abordar os problemas prácticos da aplicación da Lei; e serán un punto de partida para conseguir un achegamento nos criterios de aplicación.

Salientou que se deben acordar todos os elementos de discrepancia posibles, minimizando as decisións sometidas aos tribunais. Este feito demoraría a solución definitiva e conlevaría un elevado custe social e económico

Xurado de expropiación

Agustín Hernández destacou o labor do Xurado de Expropiación de Galicia, un organismo que, a pesar da súa curta andaina, destaca polo seu elevado nivel profesional acadado e lembrou que as súas responsabilidades teñen relevancia constitucional e así deben ser valoradas.

Sinalou que no primeiro semestre do ano, no Xurado de Expropiación de Galicia entraron un total de 4.938 expedientes, case tantos como en todo o 2008, polo que a cifra de expedientes tramitados elévase ata os 25.177 dende a súa creación no ano 2006.

Datos de tramitación de expedientes por provincias en xaneiro-xuño de 2009

Entrada expediente

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Total

Acumulado[2]

Xaneiro

86

113

18

8

225

20464

Febreiro

468

218

65

267

1018

21482

Marzo

340

103

25

236

704

22186

Abril

496

304

214

687

1701

23887

Maio

179

216

147

215

757

24644

Xuño

281

238

9

5

533

25177

TOTAL

1850

1192

478

1418

4938

Ao mesmo tempo, no primeiro semestre de 2009, presentáronse 472 recursos de reposición, mentres que no que leva de existencia esta cifra elévase ata os 3.449.

Datos de tramitación de recursos de reposición por provincias en xaneiro-xuño de 2009

Entrada expediente

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

Total

Acumulado

Xaneiro

5

12

0

14

31

3008

Febreiro

17

13

0

7

37

3045

Marzo

1

39

0

4

44

3089

Abril

0

31

6

0

37

3126

Maio

5

18

5

294

322

3448

Xuño

1

1

3449

TOTAL

28

113

11

320

472

Por outro lado, a día de hoxe o XEG resolveu un total de 16.790 expedientes, incluíndo expropiacións e recursos de reposición, dos cales 2020 foron ao longo de 2009.



[1] Lei 8/2007, de 28 de marzo, de Solo e o Real Decreto Lei 2/2008, de 20 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Solo.

[2] Número de expediente presentados dende o inicio de actividade do Xurado de Expropiación de Galicia.