26 junio 2009

El PP dice estar encantado con los acuerdos entre Blanco y Feijóo para el AVE

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O PPdeG considera unha boa noticia o próximo acordo que asinarán sobre o AVE galego pactado onte na reunión mantida polo presidente da Xunta e o ministro de Fomento. Os populares aseguran que os galegos teñen motivos para alegrarse posto que o AVE sae por fin do caixón de proxectos esquecidos polo Goberno e volve a ser un proxecto de interese para o Estado. É máis que positivo que, desbloqueados os prazos e as inversións referidas á alta velocidade ferroviaria galega, e se Madrid cumpre co pactado, no ano 2012 as sete cidades galegas estarán conectadas por trens con caracteríticas de alta velocidade e no 2015 Galicia e Madrid queden definitavemente unidas por AVE.

Os populares galego mostráronse orgullosos dun presidente que non tivo reparos en esixirlle ao Goberno central que responda as necesidades de Galicia.

O voceiro popular de Infraestructuras, Alejandro Gómez Alonso, afirmou que os populares “cansamos de repetirlle ao bipartito a necesidade de presupostos e prazos creíbles e realistas co Ministerio de Fomento”.

Gómez Alonso tamén asegurou que, a pesar de todo, “queda moito por facer” xa que se perderon cinco anos; por iso, o PPdeG non baixarán a garda e, “dende a seriedade e o rigor”, farán un seguimento estricto ao desenvolvemento do proxecto para que no ano 2012 as cidades galegas estén xa conectadas polo trens con características de AVE e no 2015 Galicia e Madrid estea conectada polo tren de alta velocidade.

ADXUDICACIÓN CONXUNTA DE PROXECTO E OBRA
Os populares subliñan o feito de que co acordo sobre o AVE, máis concretamente, co punto que atinxe á conexión directa entre Vigo e Ourense, queda demostrado que o PPdeG tiña razón cando dicía que era posible licitar de forma conxunta tanto o proxecto como a obra, resultando isto nun acurtamento dos prazos e nunha maior axilidade na execución das conexións. A conexión directa entre Vigo e Ourense foi acordada deste xeito, poñendo de manifesto así que a solución proposta polos populares era efectiva.

En todo caso, o balance do encontro de onte é positivo a xuizo do PPdeG: é o momento de confiar no Ministerio de Fomento, pero sen que por elo baixemos a garda.


Corte de vídeo dispoñible en http://www.youtube.com/watch?v=UAg2c0rQgMw