24 julio 2009

Violencia en Vigo : Feijóo emite dura condena a este tipo de acciones

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, condenou o atentado rexistrado esta mañá contra unha sucursal de Caixanova en Vigo, e salientou que Galicia “nin entende, nin comprende, nin admite”, este tipo de actuacións. O titular do Goberno galego cualificou o acto de “irracional e fanático” e lamentou que Galicia rexistre, cando se aproximan as festas do Apóstolo, este tipo de sucesos, “atípicos na Comunidade”.

O mandatario galego explicou, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, que os expertos en explosivos da Policía realizaron unha explosión controlada do artefacto, colocado nas inmediacións do caixeiro da sucursal que Caixanova ten na rúa Aragón da cidade viguesa. Feijóo agradeceu o “traballo impecable” das forzas e corpos de seguridade e adiantou que a autoría do atentado está aínda sen determinar.