14 julio 2009

Moaña : más esfuerzos para alcanzar el reconocimiento de los 20.000 habitantes

MOAÑA (MORRAZO-TRIBUNA).- O tenente de alcalde de Moaña, Víctor Pastoriza, informou hoxe, que segun o establecido, estase procedendo a rotular os viales da entidade colectiva "Moaña" que xa aparecen reflexados no nomenclator que manexa o INE e que logo da oportuna corrección linguistica foron aprobados en pleno.
A rotulación levase a cabo coa placa que foi acordada por consenso de todolos grupos politicos de Moaña.
Asi, lugares como Riazón, a Martinga, Entre os valos, Prado das Barxas, Xeira, A Canexa, Xaldeiro, O Pontillon, O Cano, Fonte Bieita e outras, que nunca contaron con placas nas ruas estan debidamente sinalizadas.
Nesta ocasion colocaranse 64 placas (29 vias).
En breve acometerase identica actuación coas vias que figuran no INE das entidades colectivas Domaio, Meira e Tiran.
Para o ano queda a identificación das vias que non aparecen reflexadas no rexistro INE.
"Esta iniciativa encadrase no obxetivo do Concello de Moaña de acadar nesta lexislatura a cifra de 20.000 habitantes", referiu finalmente o tenente de alcalde socialista de Moaña.