08 julio 2009

Moaña: cierran el acceso a varios parques infantiles por las obras en curso

Moaña (MORRAZO-TRIBUNA).- Con motivo do avance das obras que se estan acometendo nos parques infantis de Moaña, con cargo o plan E, dendo hoxe e ata que rematen as obras é necesario pechar o acceso os parques infantis de Domaio, Samertolameu e a Praia. A construcción das soleiras onde se instalara o piso de goma dos novos elementos aconsella tomar esta medida.
"Esperamos que nenos e maiores poidan disfrutar -canto antes- dos novos elementos dos parques que contaran cun renovado aspecto e co piso de seguridade necesario en todolos elementos.Unha vez se remate nestes parques acometerase identica actuación no de Tiran.
A actuación definitiva no parque do Casal vaise demorar ata a construcción do acceso o campo de futbol, xa que dende o Concello quere habilitarse unha gran entrada o campo de futbol do Casal dende a estrada provincial EP-1104.
Noutro orde de cousas, tamen quero anunciar que a Xunta de Goberno do pasado luns aprobou a cancelación do mercadillo ambulante do vindeiro sabado 18 , pola coincidencia do mercado coas festas do Carme e a ocupación do espazo habitual do mercado polas atraccións de feira", explicou o tenente de alcalde de Moaña, Vítor Pastoriza.