MOAÑA(MORRAZO-TRIBUNA).- O concello de Moaña iniciou meses atras un proceso de regularización do mercadillo ambulante que se leva a cabo na localidade os mercores e sabados.
Neste proceso regularizador, a Xunta de Goberno tramitou a autorización de 57 vendedores ambulantes.
A Cooperativa RiasLachan Galicia, remitiu con data de entrada no rexistro do Concello 29 de maio de 2009, documentación de constitución da cooperativa , relacion de socios cooperativistas, copia da tarxeta acreditativa de venda ambulante, certificado de non manter debedas coa facenda do estado,copia do IAE, copia do NIF e outra documentacion que non lle foi solicitada dende o Concello. A Cooperativa Rias Lachan solicita autorización para a instalación de 67 postos.
Na Xunta de Goberno do 8 de xuño, acordouse solicitar informe o asesor xuridico do Concello o respecto da solicitude dos 67 postos de RiasLachan.
O asesor xuridico do Concello remite informe con data 26 de xuño, e conclue que a Cooperativa RiasLachan, como persona xuridica solo podera obter licenza para ocupar 1 unico posto de venda ambulante. A vista do informe, a Xunta de Goberno do 29 de xuño acorda notificar o representante da Cooperativa que obteran licenza para ocupar 1 posto, para o cal deben sinalar o socio cooperativista o que se lle expedira a oportuna licenza municipal, todo isto nun prazo de 15 dias.
Con este calendario, o novo prazo que se manexa para que todolos ambulantes do mercado de Moaña teñan a vista a correspondente autorización municipal e o sabado 25 de xullo.
A Xunta de Goberno da vindeira semana tratara, e previsiblemente aprobara a cancelación do mercado ambulante que se deberia realizar o sabado 18 de xullo, cando o recinto onde se celebra o mercado esta ocupado pola celebración das festas do Carmen. A experiencia do ano pasado invita a esta cancelación.
Tamen se acordou na Xunta de Goberno, dirixirse a inspección de traballo para que aumente o control da situación laboral das diferentes persoas fisicas e xuridicas que veñen realizando labores de venda no entorno da praza de Abastos.