12 noviembre 2008

Accidentes en Bueu e Illa de Arousa

BUEU (MORRAZO-tribuna).- O Servizo de Urxencias Sanitarias 061-Galicia atendeu un total de nove accidentes de tráfico e outras 155 urxencias entre as 00:00 horas e as 14:00 horas deste martes. Ademais das actuacións de accidentes de tráfico, o 061-Galicia acudiu a 155 chamadas de urxencias que mobilizaron recursos, e rexistrou 361 consultas telefónicas. O máis salientable:
-Ás 8:01 a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso dun accidente de tráfico no concello de BUEU, na PO315, no km.1.200. Para atender a vítima, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou unha ambulancia asistencial, que logo dunha primeira valoración e asistencia se trasladou a unha muller de 19 anos, R.C.A., con cervicalxia e traumatismos nas pernas ao Complexo Hospitalario de Pontevedra.
-Ás 8.39 a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso dun accidente laboral no concello da ILLA DE AROUSA, diante do Centro de Saúde. Para atender a vítima que se precipitara dunha altura, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou unha ambulancia asistencial, que logo dunha primeira valoración e asistencia do médico que se atopaba no lugar, se trasladou a un home de 51 anos, J.O.C., con diversos traumatismos ao Hospital do Salnés.