BUEU (MORRAZO-tribuna).- A media mañá deste xoves, o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, asinará cos alcaldes de Bueu, Lalín, Agolada e Moraña cadanseu convenio de colaboración para a implantación de redes de telecomunicacións sen fíos para o acceso a internet de banda larga en polígonos industriais localizados nos seus termos municipais. Tamén estarán presentes nesta sinatura o alcalde de Meaño, a concelleira da Área de Promoción e Innovación de Vilagarcía e dous empresarios destas dúas últimas vilas, Francisco Muñiz (Pescados Vixa, de Meaño) e Enrique Redondo (Madeiras Redondo, de Vilagarcía), que neste caso son os que realizan a cesión dos terreos á Consellaría para a localización das antenas de recepción e resto de equipamento.