12 noviembre 2008

Anxo Quintana, este xoves en Cangas

CANGAS (MORRAZO-tribuna).- Será este xoves, en Cangas (Auditorio Municipal. Avenida de Lugo, s/n), desde as 11,00 horas. O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, mantén un encontro aberto con redeiras no marco das Xornadas Proxecto Arlinga: Leccións aprendidas e retos de futuro. No acto tamén participará a secretaria xeral da Igualdade, Carme Adán.