COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna).- O departamento que dirixe Ánxela Bugallo anunciou esta tarde que xestionará os traballos de localización e identificación das vítimas a petición dos descendentes ou das entidades que os representan.
Establécese un protocolo de actuación para as exhumacións, que serán realizadas por equipos de arqueólogos con procedementos científicos.
O Instituto de Medicina Legal de Galicia e o Instituto de Medicina Legal da Universidade de Santiago encargaranse do estudo do material xenético para a identificación dos restos humanos
MÁIS INFORMACIÓN:
http://culturaedeporte.xunta.es/actualidade/nova.php?id=830&lg=gal