07 noviembre 2008

No concello de Moaña proseguen obras de mellora e adecuación de rúas

MOAÑA (MORRAZO-tribuna) .- A Xunta de Goberno do concello de Moaña, celebrada hoxe, adxudicou a empresa API , o pintado de 32 pasos de peons en viais de competencia municipal. Quedan fora as vias Rosalia de Castro e Daniel Castelao nos que o pintado se fara ao remate das obras que estan en marcha.
De igual maneira a Xunta de Goberno tamen adxudicou a reposición de todalas farolas de Ramón Cabanillas.
O tenente de alcalde, Víctor Pastoriza ainda informou esta tarde que o vindeiro xoves 13, despois de acordar con Telefonica a retirada dos cabos do lugar, persoal municipal levara a cabo a retirada da arboreda da curva coñecida como "do enterrador" na PO551, indo para Domaio, na Borna. Para levar a cabo esta retirada da arboreda, a policia local impedira o aparcamente neste tramo da estrada e tamen na baixada os chalets no alto da Canteira, enriba de Rodman.