07 noviembre 2008

Creada en Cangas a Fundación
Casa Museo de Camaño Gestido

CANGAS (MORRAZO-tribuna).- Vai ter lugar no Salón de Plenos do Concello de Cangas, o vindeiro martes día 11 dos que andamos, ás 11 horas, a presentación da FUNDACIÓN CASA-MUSEO DE CAMAÑO XESTIDO “A MANGALLONA”AC.
No devanditio acto, que será aberto a colectivos e publico, faráse unha breve proxección da referida Casa Museo, así como unha exposición da filosofía que se pretende coa nova situación do ente privado, de carácter e utilidade públicas, concluíndo coa interpretación da derradeira composición do Mestre Carballo “LUCES NA MANGALLONA”, a cargo do Mestre Gaiteiro Marcos Campos, pasodoble creado no ano 1995 e estreado pola Banda de Música Bellas Artes de Cangas, nas Letras Galegas do 2006.