PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, e a conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, presentaron hoxe en Pontevedra o Plan Sectorial Galego de Solo Residencial da área funcional de Pontevedra. Segundo destacou Quintana, este plan para a construción de vivenda protexida xoga un papel moi importante na actualidade, como unha das medidas clave adoptadas polo Goberno galego coa que protexer aos cidadáns contra a crise económica. Tal como sinalou, este novo Plan Sectorial supón un avance na posta en marcha dun novo modelo económico no que as administracións públicas cumpren a función de planificar, definir obxectivos e artellar instrumentos para que estes se cumpran.
“Hai que pular por un novo modelo que combine público e privado ocupando cada un o lugar que lle corresponde”, afirmou o vicepresidente do Goberno galego, quen apuntou que é ás administracións públicas ás que lles corresponde planificar, marcar obxectivos e buscar alianzas. Neste punto, Quintana referiuse as negativas consecuencias que o modelo económico seguido ata o de agora tivo no sector inmobiliario e da construción. “Ata o de agora sempre se dicía que o problema da vivenda o resolvería o mercado libre, pero o resultado desto é o fracaso actual desa estratexia”, asegurou. Así, lembrou que unha das consecuencias foi que nos últimos 8 anos o sector financeiro multiplicou por dous a súa participación na economía produtiva e multiplicou por dez a súa participación no sector inmobiliario, o que produciu un incremento considerable da construción de vivenda, e isto veu acompañado dun incremento do 146 por cento no prezo da vivenda e do 250 por cento do prezo do solo.
Uso do solo
No decurso da presentación, o vicepresidente Quintana salientou que con este Plan Sectorial Galiza usará, por primeira vez en todo o Estado, unha forma urbanística de intervención pública non empregada ata o de agora, pero si recollida na lexislación. Así, ao abeiro desta iniciativa o Goberno galego calificará terreos urbanísticos en todo o país para a construción de vivenda protexida, mesmo en concellos que non teñen planeamento urbanístico. “Nunca antes se fixera isto”, destacou Anxo Quintana, quen lembrou que se trata dunha medida necesaria porque para construír vivenda é preciso contar con solo.
Neste contexto enmarcou os 8,7 millóns de metros cadrados nos que se construirán 45.000 vivendas ao abeiro do Plan Sectorial Galego de Solo Residencial, así como os datos de xeración de emprego desta iniciativa, estimados sen 300.000 postos de traballo, directos e indirectos.
Para Quintana o Plan Sectorial Galego de Solo Residencial é un plan dirixido a protexer ás familias e a xerar e consolidar emprego nun momento difícil como é o actual. Así, referiuse ao da construción como o sector no que a crise económica se fai máis evidente, porque sofre directamente unha crise consecuencia do modelo económico artellado ata o de agora. Neste punto, Anxo Quintana detallou que precisamente o novo plan sectorial nace para constrarrestar esta situación de crise xa que, por unha banda dá carga de traballo a un sector económico que crea moitos empregos; e por outro lado pon no mercado vivendas a prezo taxado, coas que se garante o acceso á vivenda das familias con menos recursos.
Plan sectorial
No decurso da presentación, o vicepresidente da Xunta reiterou a necesidade de dispoñer de solo como materia prima indispensable para dar pulo á vivenda protexida. Por esta razón incidiu na importancia de dispoñer de instrumentos específicos que repercutan no mercado do solo para destinalo á creación de vivenda a prezo taxado para os colectivos con menor nivel de renda. E con este obxectivo a Consellería de Vivenda elaborou o Plan Sectorial Galego de Solo Residencial.
Trátase dunha ferramenta urbanística supramunicipal que permitirá, dun xeito áxil e directo, dispoñer de solo residencial para destinalo a vivenda protexida, con independencia do planeamento urbanístico dos concellos. Así, o Plan Sectorial fará posible adquirir, mobilizar e urbanizar unha bolsa de solo residencial de 8,7 millóns de metros cadrados para construír 45.000 vivendas con algún tipo de protección entre os anos 2009 e 2017. Un total de 35.800 destas vivendas estarán rematadas antes de 2013.
Ao abeiro deste plan desenvolveranse 95 actuacións en 57 concellos de todo o país, cun investimento global de 1.530 millóns de euros. Estas actuacións suporán un volume de negocio de máis de 4.560 millóns de euros para o sector da construción, cunha carga de traballo estimada en 300.000 empregos, directos e indirectos. As prioridades e obxectivos deste Plan Sectorial convérteno nun proxecto real para a Galiza real, xa que vai máis alá da creación de vivenda protexida e aposta por unha transformación urbanística dos concellos, creando cidades de calidade. Ademais, é un proxecto que busca ter impacto macroestrutural, ao tempo que se converte, polas súas características, nun instrumento innovador e único do Estado.
Área funcional de Pontevedra
No acto de hoxe o vicepresidente da Xunta e a titular da Consellería de Vivenda e Solo avanzaron as liñas estratéxicas do Plan Sectorial Galego de Solo Residencial para a área funcional de Pontevedra. Neste espazo construiranse 2.776 vivendas protexidas nos concellos de Bueu, Marín e Pontevedra. En total, intervirase nunha superficie de 570.000 metros cadrados de solo e, ademais da construción de vivendas, acondicionaranse 169.000 metros cadrados para zonas verdes e espazos de libre uso, 1.731 metros cadrados para viais e aparcadoiros e outros 81.500 metros cadrados para dotacións e equipamentos públicos. O orzamento global para estes proxectos superará os 100 millóns de euros.
Neste punto, Anxo Quintana afirmou que o desenvolvemento deste proxecto na área de Pontevedra vén avalado polo traballo realizado nestes tres anos polo Goberno galego, materializado na construción de 13.000 novas vivendas protexidas. Este esforzo outorgalle credibilidade aos novos proxectos iniciados, ao tempo que converte á vivenda protexida no centro nuclear da política de vivenda do Goberno galego, “deixando de ser algo colateral para ser algo central do Goberno e para facer política para a xente”.