VIGO (MORRAZO-tribuna) .- A Federación Veciñal “Eduardo Chao” dirixirá un escrito á Concelleira de Vías e Obras, Isaura Abelairas para solicitar a este departamento que acometa galerías preparadas para acoller os diferentes servizos das comunidades (electricidade, comunicacións, gas, saneamento e abastecemento…) aproveitando as obras e humanizacións que estanse a levar a cabo na cidade (aparcadoiros, humanizacións do entorno de Povisa, Florida, O Calvario…).
"Desde fai moitos anos as obras nesta cidade véñense facendo sen control, planificación e organización por parte dos distintos gobernos municipais. O resultado é que para cada novo servizo ou reparación é mester abrir rúas e calzadas coas conseguintes molestias para os peóns, tráfico, ruídos… ademáis de sembrar as rúas dun sinfín de arquetas que na maioría dos casos supoñen un obstáculo para o tráfico rodado dado o seu deplorable estado de mantemento.
A planificación das obras e construción de espazos especialmente deseñados para acoller servizos tamén forman parte da humanización desta cidade. A súa planificación e posta en obra debe acometerse canto antes, xa que doutro xeito non entenderíamos que escuros intereses económicos se agochan en abrir e pechar constantemente as rúas, co enorme incremento de custes e numerosos prexuízos para a cidadanía", explicou a FAVEC.
Rede separativa
A FAVEC considera un paso importante que ao fin se estea acomentendo a rede separativa de augas pluviais – fecais nas novas urbanizacións. "Sería este o momento de ir máis aló e reservar un maior espazo para o resto de servizos públicos e facer as galerías de servizos, que unha vez rematadas pasarían a ser propiedade do Concello que xestionaría os permisos e levaría o control das futuras canalizacións", explicaron os portavoces da Federación.