VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O comité organizador do Campionato do Mundo de Hóckey sobre Patíns Vigo 2009 presentou o seu calendario e a imaxe oficiais, tras a reunión celebrada este mércores no Instituto Ferial de Vigo. As competicións desenvolveranse do 3 ao 11 de xullo do 2009 no Instituto Feiral de Vigo e no Pavillón Municipal de Pontevedra cun total de 16 países participantes divididos en catro grupos. A inauguración será no Ifevi o 3 de xullo co partido España-Angola
O presidente da Federación Española de Patinaxe, Carmelo Paniagua, salientou que o comité organizador ten a “máxima ilusión” na celebración do campionato nas cidades de Vigo e Pontevedra. Ao respecto, indicou que o escenario que se habilitará no IFEVI será o “mellor do mundo”, mentres que a sede de Pontevedra tamén conta cun “magnífico pavillón”. “Estamos convencidos de que será o mellor mundial da historia do hóckey sobre patíns”, subliñou. Paniagua, ademais, explicou que o comité organizador está buscando os sistemas de promoción do campionato tanto no ámbito estatal como no internacional, así como os diferentes medios de produción e as distintas ofertas para a transmisión do evento coa “mellor calidade”. Como novidade, Carmelo Paniagua destacou que xunto ao campionato do mundo celebrarase un torneo de categorías inferiores, “que expresa o interese pola base do deporte”.
O representante do Consello Superiror de Deportes, Ángel Luis López Vázquez, salientou a necesidade de colaboración entre as distintas institucións para a celebración dos eventos deportivos desta magnitude, e neste sentido mencionou a colaboración que se está a manter coa Xunta e cos concellos de Vigo e de Pontevedra. “Desexo que este campionato do mundo sexa un éxito deportivo e que sexa unha ferramenta útil para expandir a imaxe de España e de Galiza no exterior”, afirmou.
O tenente de alcalde, o nacionalista Santi Domínguez agradeceu a todas as persoas que fixeron posible Vigo e Pontevedra sexan sede deste mundial no 2009, como as Federacións Española e Galega de Patinaxe, o Consello Superior de Deportes, a Consellería de Cultura e Deporte, o Concello de Pontevedra, e o clube Vigo Stick. “Será un gran evento deportivo no que o público vai respostar”, asegurou.
Ao longo da súa intervención presentou a imaxe e o vídeo promocionais “nas que quixemos volcar as potencialidades da cidade”, explicou. Respecto á imaxe, Santi Domínguez salientou que se trata dun logo “moderno e con frescura como Vigo e Pontevedra”, respaldado por todo o comité organizador. En canto ao vídeo promocional, presenta á cidade de Vigo estreitamente vencellada ao azul polo mar e as praias, ao verde pola natureza dos seus parques e bosques, e vermella pola pasión coa que vive cada acontecemento.
“Os grandes eventos deportivos teñen que repercutir na base”, sinalou o tenente de alcalde en referenza á celebración dun torneo dirixido a categorías inferiores simultaneamente que mundial. Ao respecto tamén indicou que o Vigo Stick será o equipo encargado de levar o nome do Campionato do Mundo, xa que pasará a chamarse Vigo 2009 e lucirá nova indumentaria coas cores da marca oficial. “O Vigo Stick vén de atravesar momentos complicados ao non atopar patrocinador”, explicou Santi Domínguez, polo que o comité organizador ven de aprobar que o mundial de hóckey sirva para patrocinar ao equipo dunha das cidades que acollerá o mundial.
Ademais do director executivo do campionato, Enrique Urdiales, o presidente da Federación Española de Patinaxe, Carmelo Paniagua, o representante do Consello Superior de Deportes, Ángel Luis López Vázquez, e o tenente de alcalde do Concello de Vigo, Santi Domínguez, tamén participaron na reunión do comité organizador o presidente da Federación Galega de Patinaxe, Enrique García, a concelleira de Deportes de Pontevedra, María dos Anxos Riveiro Portela, a representante da Dirección Xeral de Deportes, Cristina Fernández Piñeiro, o concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, Xabier Alonso, e Jorge Santo en representación de Caixanova.

-
CALENDARIO DE COMPETICIÓN
DO 3 AO 11 DE XULLO
O torneo celebrarase en dúas sedes:
Vigo: Recinto Feiral IFEVI
Pontevedra: Pavillón Municipal de Pontevedra
Outras instalacións de adestramento:
Vigo: Pavillón Central de As Travesas
Pavillón de Bouzas
Grupos de seleccións participantes:
GRUPO A:
España
Angola
Mozambique
Colombia
GRUPO B:
Suiza
Brasil
Andorra
Holanda
GRUPO C:
Arxentina
Portugal
Chile
Estados Unidos
GRUPO D:
Italia
Francia
Alemaña
Inglaterra
VENRES – 3
IFEVI-VIGO
20.00 h. CERIMONIA DE INAUGURACIÓN
21.30 h. Partido ESPAÑA-ANGOLA
SÁBADO – 4
PONTEVEDRA
GRUPOS - C-D
17.00 h. 1º Partido - ARXENTINA-CHILE
18.30 h. 2º Partido - FRANCIA-INGLATERRA
20.00 h. 3º Partido - ITALIA- ALEMAÑA
21.30 h. 4º Partido - PORTUGAL-ESTADOS UNIDOS
IFEVI-VIGO
GRUPOS-A-B
18.30 h. 2º Partido - MOZAMBIQUE – COLOMBIA
20.00 h. 3º Partido - BRASIL- ANDORRA
21.30 h. 4º Partido - SUIZA - HOLANDA
DOMINGO – 5
PONTEVEDRA
GRUPOS - C-D
17.00 h. 1º Partido - CHILE - ESTADOS UNIDOS
18.30 h. 2º Partido - INGLATERRA - ALEMAÑA
20.00 h. 3º Partido - FRANCIA - ITALIA
21.30 h. 4º Partido - PORTUGAL - ARXENTINA
IFEVI-VIGO
GRUPOS-A-B
17.00 h. 1º Partido - MOZAMBIQUE-ANGOLA
18.30 h. 2º Partido - HOLANDA - ANDORRA
20.00 h. 3º Partido - SUIZA - BRASIL
21.30 h. 4º Partido - ESPAÑA – COLOMBIA
LUNS – 6
PONTEVEDRA
GRUPOS - C-D
17.00 h. 1º Partido - FRANCIA - ALEMAÑA
18.30 h. 2º Partido - ARXENTINA- ESTADOS UNIDOS
20.00 h. 3º Partido - ITALIA - INLATERRA
21.30 h. 4º Partido - PORTUGAL - CHILE
IFEVI-VIGO
GRUPOS -A -B
17.00 h. 1º Partido - SUIZA - ANDORRA
18.30 h. 2º Partido - ANGOLA – COLOMBIA
20.00 h. 3º Partido - HOLANDA - BRASIL
21.30 h. 4º Partido - ESPAÑA - MOZAMBIQUE
MARTES – 7
DESCANSO
MÉRCORES – 8
CUARTOS DE FINAL
IFEVI - VIGO
20.00 h. 1º Partido - 1º clasificado GRUPO B - 2º clasificado GRUPO A
21.30 h. 2º Partido - 1º clasificado GRUPO A - 2º clasificado GRUPO B
XOVES – 9
IFEVI – VIGO
20.00 h. 3º Partido - 1º clasificado GRUPO D - 2º clasificado GRUPO C
21.30 h. 4º Partido - 1º clasificado GRUPO C - 2º clasificado GRUPO D