SALVATERRA DO MIÑO (MORRAZO-tribuna) .- O Deputado na Deputación de Pontevedra Gabriel Martínez, os concelleiros Antón Lorenzo e Patricia Rodríguez Mariño presentaron este mediodía en Salvaterra a exposición “Transformando Galiza”, unha mostra onde se repasan os principais medidas adoptadas polo BNG na Xunta de Galiza durante esta lexislatura.
“Dende a Xunta de Galiza o BNG demostrou con feitos o seu compromiso con Salvaterra”
Gabriel Martínez salientou o compromiso do BNG con Salvaterra dende a Xunta de Galiza ao longo destes 3 anos. Puxo como exemplo o impulso da Consellería de Vivenda e Solo para a instalación da PLISAN no noso Concello e do plan sectorial de vivenda; o compromiso da Consellaría de Innovacion e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio para mellorar o motor económico das localidades como é o pequeno comercio ou as actuacións levadas a cabo pola Consellaría de Medio Rural para mellorar as infraestructuras no rural.
“A mellor garantía dunha transformación real do noso país é cun presidente do BNG á fronte da Xunta”
Gabriel Martínez lembrou que “foi o BNG o que impulsou un auténtico cambio na Xunta de Galiza durante estes tres anos, adoptando medidas valentes que benefician ao conxunto da sociedade e mostrándonos firmes ante as decisións de Madrid que prexudican ao noso país ou ante os sectores que procuran o lucro máximo a costa de toda a sociedade”.
“Fíxose moito durante estes tres anos, pero precisamos incrementar o voso apoio para que estes cambios se consoliden, para recoller todos os seus froitos e para marcar novos obxectivos que melloren a calidade de vida dos galegos e galegas”, asegurou o deputado.
Subliñou que “a mellor garantía dunha transformación real do noso país é cun presidente do BNG á fronte da Xunta de Galiza” e animou aos veciños e veciñas a “participar e apoiar ao BNG para que estes cambios se consoliden en beneficio de toda a sociedade galega”