VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, rexistrou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa na que demanda ao Goberno que realice xestións ante AUDASA para mellorar a seguridade dos traballadores das cabinas de peaxe da AP-9 polo exceso de velocidade ao paso polas cabinas denominadas “vías dinámicas” ou de telepeaxe.
Jorquera explica que aínda que a velocidade para pasar polas vías de telepeaxe está limitada a 40 Km/h, “son poucos os conductores que respetan o límite xa que as barreiras abren incluso até os 90 Km/h”. Trátase dunha situación que afecta á seguridade dos traballadores das cabinas manuais próximas posto que “corren un risco elevado en caso de colisións contra as súas cabinas, situación que lles provoca un elevado estrés”.
Seguer o modelo doutros paises europeos
O deputado do BNG subliña que estes feitos chegaron incluso até a Inspección de Traballo, e critica a solución dada por AUDASA que propón eliminar en cada área de peaxe da AP-9 a cabina axexa á de telepeaxe o que “sen dúbida dará lugar a un incremento das retencións”. Para o deputado nacionalista a reducción de cabinas de cobro non é a mellor solución cando xa na actualidade son insuficiente.
Neste sentido, Jorquera propón seguer o modelo doutros paises europeos, consistente en reducir a velocidade nas entradas ás vías dinámicas, por exemplo, indica, pódense protexer ás cabinas manuais con formigón ou separar as vías de telepeaxe do resto da estación.
O parlamentar do BNG diríxese ao Goberno para que adopte medidas que eviten o peche de cabinas de cobro e para que a empresa concesionaria da AP-9 realice melloras nas cabinas a fin de protexer aos traballadores.