MADRID (MORRAZO-tribuna).- O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, presentou na Cámara Baixa unha proposición non de lei na que insta ao Goberno a se dirixir ao Estado francés para que recoñeza como periodo cotizado á Seguridade Social o correspondente á prestación do servizo militar obrigatorio ou da prestación social substitutoria aos cidadáns españois alí residentes.
Lexislación do Estado español e comunitaria que ampara o demandado
Jorquera explica na súa iniciativa parlamentar que a Lei 40/2007, de 4 de decembro, de medidas en materia de Seguridade Social, que entrou en vigor o 1 de xaneiro deste ano, introduciu un artigo que establece que a efectos de acreditar o periodo mínimio de cotización efectiva para a xubilación anticipada, computaráse como cotizado á Seguridade Social o periodo de prestación do servizo militar obrigatorio ou da prestación social substitutoria.
Lembra que en virtude dos Regulamentos comunitarios, “cando a lexislación dun pais subordine a adquisición, conservación ou recuperación do dereito ás prestacións ao cumprimento de periodos de seguro, como é co caso das prestacións por xubilación, a institución competente de dito pais computará calquer periodo de seguro cumprido noutro pais, como se se cumpriran baixo a súa propia lexislación”.
Situación discriminatoria para os cidadáns españois en Franza
O deputado do BNG pón en evidencia que, no cómputo do periodo de prestación do servizo militar obrigatorio, hai problemas no caso dos emigrantes españois residentes en Franza “ao que se lles negou a posibilidade de que se lles computase como cotizado”.
Para Jorquera “trátase dunha situación discriminatoria porque os emigrados españois se ven privados do acceso a unha prestación social en condicións de igualdade, tanto con respecto aos cidadáns residentes no Estado español como con respecto aos traballadores franceses.