PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, acudiu á parroquia de Souto de Vea, acompañado polo vicepresidente provincial, José Juan Durán, e o alcalde da Estrada, José Dono, para inaugurar as obras de urbanización na estrada provincial 8401 Portela–Souto de Vea, nas que o organismo provincial investiu unha achega total de 667.968 euros.
Esta importante actuación, realizada sobre unha superficie total de 983 metros, incluíu as tarefas de movemento de terras, a construción de muros e pechamentos, a implantación de infraestruturas de saneamento, alumeado, beirarrúas, abastecemento, telefonía, electricidade e sinalización.
O saneamento da zona comprende a instalación de 1.927 metros lineais de pluviais de 400 de diámetro, 1.320 metros lineais de fecais de diámetro de 315, 80 pozos de rexistro e 49 sumidoiros sifónicos.
As novas beirarrúas de Souto de Vea están dotadas de 2.019 metros lineais de bordillo e de 3.721 metros lineais. Así mesmo, a Deputación instalou neste tramo 1.955 metros lineais de abastecemento, e destinou 3.976 metros lineais á telefonía e 2.101 metros lineais a Fenosa. Tamén se levou a cabo a sinalización horizontal e vertical do vial.