10 noviembre 2008

MOS : a alcaldesa vai de vacacións e deixa o Concello daquela maneira...


MOS (MORRAZO-tribuna).- "Ante a recente marcha da alcaldesa e a desorganización imperante no Concello" a voceira do PP mosense da a "voz de alarma".
Os membros do Partido Popular de Mos dicen hoxe sentirse " consternados ante a marcha da alcaldesa, María Jesús Escudero, de vacacións dende o pasado sábado 8 de Novembro". A voceira dos populares mosenses declarouse "asustada" xa que dí non entender "¿como é posible que con todo o que hai por facer no Concello e tendo en conta a situación imperante no mesmo, ela marche de vacacións case 15 días?".
O que máis lle preocupa á presidenta do PP local é o estancamento do orzamento para 2009, no que a alcaldesa aínda non escomezou a traballar. Neste senso Arévalo quixo destacar a inexistencia de orzamento en 2007 e a recente aprobación, en Setembro do presente ano, do orzamento de 2008 "que non é máis que un estado de contas", segundo a edil do grupo municipal popular. Nidia Arévalo asegura que "de seguires así, en 2009 tampouco haberá orzamento posto que xa se debería de estar traballando nel, pero en lugar diso a alcaldesa marcha de vacacións". "Xa estamos en Novembro e o vindeiro mes de Decembro debería de presentarse o novo orzamento para o próximo ano, como moi tarde habería que facelo en Xaneiro de 2009, pero tal e como nos ten acostumados Escudero deixarao para o verán que ven", insistiu a concelleira do Partido Popular.
Arévalo acusa ó equipo de goberno local de ter "abandonado" o Concello, xa que, segundo declarou hoxe, "cando nos persoamos na Casa Consistorial non atopamos nin á alcaldesa nin ós seus concelleiros e o que é peor, os interventores aínda non saben nada sobre o novo orzamento". A concelleira popular asegura ademais que "o departamento de urbanismo é un caos no que nunca se sabe cando entran nin cando saen os seus traballadores" e que "o Concello de Mos nunca funcionou tan mal coma nos últimos meses". Ante esta situación a voceira do PP mosense insta a María Jesús Escudero a "que asuma as súas competencias".
Nidia Arévalo lembrou tamén no seu comunicado emitido esta tarde outros dous grandes asuntos, a tratar no municipio, que Escudero deixou "abandoados" ó marchar de vacacións, tales como "a situación na que se atopan as obras no polígono da Veigadaña que continúan a xerar a desesperación dos veciños afectados". O obradoiro de emprego sen o que acaba de quedar Mos é outro dos principais temas municipais, segundo Arévalo "o Concello quedou sen el porque a alcaldesa non soubo negociar, e é que nin o seu propio partido a escoita", di a edil popular; ademais, neste senso a voceira do PP local pregúntase "¿que vai ocorrer coas obras das novas ludoteca e galescola que xa deberían ter escomezado, dado que dependen deste denegado obradoiro de emprego?". Por outra banda atópase o vial de San Eleuterio, aínda sen iniciarse tras ter transcorrido xa dous anos dende que se empezou a estudiar o proxecto; segundo Nidia Arévalo "todavía se está a falar agora de cambios no proxecto e no pleno ordinario do pasado mes de Outubro retirouse como tema da orde do día".
Outro tema capital da actualidade mosense que a alcaldesa deixou no aire coa súa repentina marcha é o do vial das Pozas, no que hai que rescindir as obras porque o actual equipo de goberno municipal contratounas antes de que se modificaran as normas pertinentes para poder acometelas. Sobre este caso ocorreu que o vial que actualmete mide 6 metros de ancho, queríase ampliar para que pasase a ter unha anchura de 16 metros, para o que habería que modificar as normas neste sentido, modificación que só podería ser aprobada pola maioría do pleno. Arévalo, insistiu en que "os veciños da zona opóñense a este ensanchamento do vial e debería de ter sido con eles con quen houbese consensuado o equipo de goberno municipal". A voceira popular denunciou tamén que "a un mes do Nadal aínda non se sabe nada das actividades organizadas para esas datas, coma por exemplo a cabalgata de Reis".