Pontevedra
Descubrindo a comunicación: da teoría á práctica
Organiza: Universidade de Vigo
Lugar: Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Campus A Xunqueira s/n. Pontevedra.
Hora: de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00, até o 16 de novembro.
Descrición: Ao longo dos séculos o ser humano foi perfeccionando as súas habilidades comunicativas, desenvolvendo distintos medios para representar a realidade e o imaxinado e reflexionando cada vez con maior profundidade sobre esa capacidade e as súas repercusións no individuo e na sociedade. O coñecemento dos medios de comunicación, da súa estrutura e do seu funcionamento fainos cidadáns máis conscientes e informados, e é un dos ámbitos fundamentais de traballo das ciencias da comunicación.
Máis información: albertodafonte@uvigo.es. Teléfono 986 801 923.
Legumes: un alimento saudable.
Organiza: Delegación do CSIC en Galicia. Misión Biolóxica de Galicia.
Lugar: Museo Mariano García. Instituto Sánchez Cantón. Avenida Reina Victoria s/n, Pontevedra.
Hora: de 18:00 a 20:00, até o 14 de novembro
Descrición: Na actividade proponse estender o concepto de alimentos saudables entre sectores clave da poboación: xuventude e terceira idade. Os instrumentos serán unha exposición permanente de legumes, a edición de documentación (receitas) e unha degustación de legumes.
Máis información: amderon@mbg.cesga.es. Teléfono 986854800, extensión 275.
Xogando coa ciencia
Organiza: Universidade de Vigo. Facultade de Ciencias de Educación en colaboración co IES A Xunqueira.
Lugar: Facultade de Ciencias de Educación. Campus A Xuntequira. Pontevedra.
Horas: de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 18.00, até o 15 de novembro.
Descrición: A idea deste proxecto é a realización dunha exposición interactiva onde amosar experimentos científicos de baixo custo, actividades manipulativas de ciencia e tecnoloxía, como unha ferramenta didáctica para facer comprender que a ciencia non é tan complicada como pode parecer, e porén dá unha explicación sinxela de moitos feitos cotiáns. Estes experimentos consisten na presentación e na explicación de feitos cotiás nun contorno diferente á dun centro escolar, ás veces sorprendentes, ás veces lúdicos. Un apartado importante desta experiencia consiste na utilización dos xoguetes como unha forma de aprender ciencia.
Máis información: Telféfono 986 833 061.
O Porriño
Viaxe ao Centro do Saber
Organiza: Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste
Lugar: Centro Tecnológico AIMEN. O Porriño.
Hora: de 9:00 a 18.00, até o 14 de novembro.
Descrición: Viaxe ao Centro do Saber ten como principal obxectivo dar a coñecer as actividades que se desenvolven nun Centro Tecnolóxico, e como estas inflúen no desenvolvemento da vida cotiá. A través de Visitas Guiadas polo persoal do Centro, darase a coñecer as distintas áreas e laboratorios de AIMEN onde procréase e contrasta o saber científico e tecnolóxico, para a súa posterior transferencia á industria e á sociedade en xeral. Os visitantes, poderán presenciar in situ demostracións prácticas do labor que realizan diariamente o persoal investigador de AIMEN.
Máis información: marketing@aimen.es. Teléfono 986 344 000.
Vigo
Diverpesca
Organiza: Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y Mariscos (ANFACO-CECOPESCA).
Lugar: Sede de ANFACO-CECOPESCA. Campus Universitario de Vigo.
Datas: do día 10 ao 21 de novembro.
Descrición: ANFACO-CECOPESCA e a Fundación Clúster de Conservación de Produtos do Mar organizan estas actividades co fin de difundir a toda a sociedade o esforzo investigador do sector mar-industria a través de visitas guiadas, obradoiros de elaboración e catas de conservación e nutrición.
Máis información: Teléfono 986 469 301
As cores do mar de Toralla.
Organiza: Universidade de Vigo. Estación de Ciencias Mariñas da Illa de Toralla (ECIMAT).
Lugar: Estación de Ciencias Mariñas da Illa de Toralla. Vigo.
Hora: de 10:00 a 14:00, até o 17 de novembro.
Descrición: Visitas didácticas ao entorno de Toralla, con percorridos polas rochas e a praia de baixamar. O vehículo principal é a cor e a luz no mar. Ademais, realízanse dúas exposicións: unha de acuarios no que a cor teña un lugar predominante (fondos de algas, animais miméticos que cambian de cor, machos e femias que poden ter diferentes cores, etc) e outra titulada “Cores do mar de Toralla”, con paneis explicativos sobre a influencia da luz no mar . A actividade complétase coa proxección do audiovisual “Baixo as ondas das Rías", producido e cedido por Caixanova, e cunha charla cos participantes na sala de actos da Ecimat.
Máis información: epoza@uvigo.es. Teléfono 986815713.