PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O Museo de Pontevedra mostrará, do 20 de novembro ó 11 de xaneiro, na sala de exposicións temporais do novo edificio a exposición titulada “O primeiro Laxeiro (1908-1942)” que recolle a activade do pintor, nado en Lalín no 1908, desde os seus inicios ata o seu establecemento en Vigo no 1942. Integran a mostra máis de 60 obras procedentes de coleccións particulares e institucións públicas.
A exposición comeza cun debuxo de 1924 realizado na Habana, cidade á que Laxeiro trasladouse coa súa familia en 1921 e da que regresou en 1925.
Entre 1925 e 1931, Laxeiro debuxa en Lalín, onde traballa como barbeiro, e en Pontevedra, onde cumpre o Servizo Militar entre 1929 e 1930. Desa etapa se poderán ver apuntes do natural, retratos de familiares, amigos e personaxes da súa terra, viñetas humorísticas que publica no Faro de Vigo, El Pueblo Gallego e a revista Céltiga, e os seus primeiros óleos, nos que xa mostra a súa preferencia pola paleta escura. Neses anos coñece a Colmeiro e introdúcese no movemento renovador da arte galega, reforzando as súas propostas o contacto que lle proporcionan as tertulias dos cafés Derby, en Vigo, e Moderno, en Pontevedra.
Desde finais de 1931 e ata 1933 estuda en Madrid coas pensións que lle conceden o Concello de Lalín e a Deputación de Pontevedra. Alí comparte pensión con Torres, visita o Museo do Prado, frecuenta a tertulia da Granxa de Henar con Rafael Dieste, Souto o Lugrís e consolida o seu estilo, caracterizado polas pautas da chamada “estética do granito”, a paleta escura e o influxo da obra de Solana, Goya e Picasso. Desta etapa amósanse debuxos académicos da Escola de Belas Artes e os óleos La República (1931) e Carnavalada (1931).
Lalín e Asturias
Ó seu regreso da capital, pinta no taller do “Hospitalillo”, en Lalín, onde desenvolverá xa plenamente o seu persoal e inconfundible repertorio iconográfico: maternidades, carnavaladas, o mundo da infancia e os mitos e as lendas galegas. A exposición mostra obras que responden a estas pautas temáticas, algunhas exhibidas en Santiago e Pontevedra en 1934 e 1935. Nas dúas cidades compartía por entón tertulia con Castelao, Colmeiro, Maside, Seoane, Eiroa, Torres ou Virxilio Blanco.
Nos primeiros meses de 1936 traballou na preparación dunha exposición en Vigo. Non puido inaugurala por mor do inicio da Guerra Civil, traxedia que o leva como soldado forzoso a Asturias. Aquí, neses difíciles anos, 1936-1939, debuxa paisaxes, retrata os seus compañeiros e pinta a única obra na que está presente a imaxe da morte.
Pontevedra
En 1940 establécese en Pontevedra. No café Moderno comparte tertulia con Iglesias Vilarelle ou Blanco Porto, cuxos retratos figuran na exposición, e pinta o afamado mural titulado El manantial de la vida, unha escena protagonizada por multitude de personaxes e na que teñen un destacado protagonismo os nenos, vistos como divertidos e travesos xenios, froito da súa desbordante imaxinación. Este mural marca o inicio dun conxunto de obras protagonizadas por rapaces das que se poderán ver varios exemplos da súa etapa pontevedresa.
Durante o período de vixencia da exposición e ás horas que se indicarán, haberá servizo gratuíto de visitas guiadas atendido polo gabinete didáctico do Museo. Poden participar nelas calquera colectivo que o desexe e tamén as persoas que o queiran facer a título individual, integrándose nos grupos creados para as visitas.
Ciclo de seminarios
Por outro lado, como complemento da exposición, terá lugar un Seminario os días 10, 11 e 12 de decembro, no que se analizará pormenorizadamente o triple contexto —europeo, español e galego— no que se instala a produción do primeiro Laxeiro e se estuda tamén o traballo coetáneo dos grandes pintores da súa xeración, a dos renovadores, todos —Maside, Torres, Colmeiro e Torres— receptores, coma el, de pensións da Deputación que contribuíron de xeito decisivo a mellorar a súa formación, ó permitirlles viaxar e coñecer o que se estaba afacer noutras latitudes (Madrid e París sobre todo), e, consecuentemente, a súa proxección artística.