13 noviembre 2008

O PRESIDENTE DA XUNTA DESTACA OS BENEFICIOS ECONÓMICOS E DE SEGURIDADE QUE APORTA O SEGURO DE MAL TEMPO AOS TRABLLADORES DO MAR

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño destacou hoxe os beneficios en termos económicos e, sobre todo, de seguridade, que vai reportar aos traballadores do mar o novo seguro do mal tempo cuxa sinatura aprobou hoxe o Consello da Xunta.
Esta nova convocatoria das axudas establécese de acordo a un convenio entre a Consellería de Pesca e a compañía Mapfre Empresas, Compañía de Seguros e Reaseguros S.A, e todos aqueles traballadores que queiran acollerse a elas, xa teñen aberto o prazo de solicitudes.
Na rolda de prensa posterior á reunión semanal do Executivo galego, Touriño precisou que esta renovación do seguro incorpora como nova variable para acceder ás indemnizacións non só a altura da onda, como estipulaba o anterior, senón tamén a intensidade do vento, ademais de reducir os días de inactividade necesarios para cobrar as axudas.
Dobre finalidade
Trátase dunha medida que ten unha dobre finalidade, económica e de seguridade, que ten como obxectivo primordial “evitar que os mariñeiros se traballadores do mar teñan que saír faenar en situación de risco ou condicións climatolóxicas adversas”, sinalou Touriño.
O presidente salientou tamén que este seguro garante uns ingresos similares aos dun día de traballo cotiá e adiantou que nel, a Xunta cubre o 70 por cento do custe da prima, para o que se achegará un financiamento inicial de 622.000 euros .
“Trátase dunha medida que necesita de instrumentacións, de aplicación, de impulso para lograr que unha parte significativa dos nosos traballadores do mar se podan ir acollendo a ela nesa dobre dirección: unha cobertura de seguro que garanta ingresos e mellore as condicións de seguridade no caso de mal tempo e de risco”, concluíu.