COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna).- O portavoz en materia de emprego do grupo parlamentar do BNG, Fernando Blanco Parga, vén de rexistrar unha pergunta para a súa resposta oral na que se interesa polo servizo de orientación laboral e as condicións en que se presta, ao tempo que suxire a posíbel creación de prazas para esta categoría profesional e a convocatoria de oposición pública.
Tal e como relata na exposición de motivos da iniciativa o deputado, na actualidade, o Sevizo de Orientación Laboral préstase en dous tipos de centros: as oficinas de emprego e os centros colaboradores do Servizo Público de Emprego.
Neste último caso, a contratación realízase directamente polas entidades colaboradoras segundo o recollido na orde do 24 de marzo de 2008 no que se estipula que os técnicos seleccionados “deberán posuír o título de diplomado ou licenciado universitario, preferentemente en psicoloxía, psicopedagoxía, pedagoxía, socioloxía, educación social ou traballo social ou relacións laborais”.
Pola contra, nas oficinas de emprego, o servizo era prestado por técnicos/as contratados a través de Feuga, cunha situación similar á dos orientadores/as das entidades colaboradoras, isto é, “con contratos renovados anualmente até o 31 de marzo, data da publicación anual da orde da Consellaría”.
Tal situación foi denunciada xudicialmente, tal e como lembra o parlamentar “por contratación ilegal e, por sentenza, pasaron a ser persoal laboral indefinido”.